Requirimento a alumnos/as bolseiros/as que non solicitaron o pagamento do 30% restante da bolsa correspondente ao curso académico 2010/2011

Listen to this page using ReadSpeaker
1086 lecturas
Relación de bolseiros e bolseiras que non presentaron a documentación xustificativa para o pago do 30% restante da bolsa
Estado: 
Procedemento pechado

Bolseiros e bolseiras que non presentaron a documentación xustificativa para o pago do 30% restante da bolsa:

1.- Barcia Silva, Marcelo.
2.- Castro Rivas, Marisa.
3.- Gamallo López, Vanesa.
4.- Peralta Basalo, María Liliana.

Por medio do presente escrito procédese a conceder un prazo improrrogable de 10 días, a contar dende o día seguinte á publicación deste requirimento na páxina web www.galiciaaberta.com, para que as persoas antes requiridas aporten a documentación xustificativa.

Segundo o artigo 20º da resolución do 4 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras do programas de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios oficiais, intercambios universitarios e estudos de formación profesional en Galicia e se procede a súa convocatoria para o curso académico 2010/2011, todas as alumnas e alumnos estarán obrigados a presentar a documentación relacionada anteriormente para o pagamento do 30% restante da bolsa. Aqueles/as alumnos/as que non a presenten estarán incumprindo as súas obrigas como bolseiros/as e, polo tanto, deberán proceder á devolución da totalidade da bolsa percibida, xunto cos xuros de demora correspondentes, de conformidade co artigo 21º.3 desta resolución.

Documentación a aportar:

a) Escrito solicitando o pago do 30% restante da bolsa.

b) Certificación académica dos estudos realizados durante o desfrute da bolsa ou informe do titor. En todo caso será imprescindible ter aprobado, cando menos, o 50% dos créditos matriculados para a concesión da bolsa, para ter dereito  ao pagamento do 30% restante da axuda.

c) Declaración xurada de non ter concedidas outras bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos ou privados (Anexo VI, firmado e con data actual).

d) Declaración responsable  de atoparse ao día  no cumprimento das súas obrigas tributarias coa Administración estatal e autonómica e fronte á Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Comunidade Autónoma de Galicia (Anexo VIII, firmado e con data actual).

 

Subdirección Xeral de Programas Sociais

Secretaría Xeral da Emigración

Data de publicación: 
07.10.2011
Data fin de prazo: 
20.10.2011