Seminarios de baile, música e cociña tradicional galega 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
2308 lecturas
A Secretaría Xeral de Emigración, co obxectivo de potenciar os costumes e tradicións galegas, convoca distintos programas formativos de baile, música e cociña tradicional galega, que se realizarán nas entidades galegas do exterior, de xeito que se manteña viva a nosa identidade e se promocione a nosa cultura na Galicia exterior.
Estado: 
Procedemento pechado

Nome do programa: Seminarios de baile, música e cociña tradicional galega

Destinatarios: Poderán solicitar estes seminarios as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como as asociacións inscritas no Rexistro de Comunidades Galegas ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades, co fin de poñer en común os medios e recursos dispoñibles. Serán estas entidades as que propoñan os posibles beneficiarios do seminario entre os galegos, socios, colaboradores e persoas galegas residentes na área xeográfica en que está situada a entidade

Características:

Programas convocados:

  • Programa de danza e música tradicional galega (Seminarios de baile, seminarios de gaita, seminarios de percusión y seminarios de pandeireta e canto)
  • Programa de cociña tradicional galega (Seminarios de cociña galega)

Lugar e prazo de presentación: Ata o 2 de marzo de 2009. As solicitudes dirixiranse á Secretaría Xeral de Emigración.

Resolución: Resolución de 26 de enero de 2009, de la Secretaría General de Emigración, por la que se convocan y se regulan los seminarios de baile, música y cocina tradicional gallega, dirigidos a las entidades gallegas del exterior durante el año 2009.

Convocatoria: Diario Oficial de Galicia Nº 22, 2 de febreiro de 2009.

Promovido por: Secretaría Xeral de Emigración

Ano: 2009

Documentación:

Data de publicación: 27 de Febreiro de 2009

Listados: Consultar as listas de admitidos