Resolución do 11 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula o procedemento para a elaboración de listas de formadores colaboradores para impartiren seminarios fóra de Galicia e ábrese o prazo para a inscrición de candidatos

Listen to this page using ReadSpeaker
2246 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 11 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula o procedemento para a elaboración de listas de formadores colaboradores para impartiren seminarios fóra de Galicia e se abre o prazo para a inscrición de candidatos.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
21.02.2013
Estado: 
Procedemento pechado

Prazo: De acordo coa resolución do 21 de febreiro de 2013 (art. 4), o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Infórmase que ata o 21 de marzo (inclusive) deste ano, as/os formadores/as poderán presentar solicitudes de novas inscricións e de novos méritos das persoas inscritas, a efectos de baremar e actualizar as listas definitivas que se terán en conta para a programación dos seminarios que se realizaran durante o ano 2013.

De acordo co artigo da 12 desta Resolución as listas de formadores colaboradores serán actualizadas unha vez ao ano. A Secretaría Xeral da Emigración, no primeiro semestre de cada ano, publicará na páxina web http://emigracion.xunta.es a correspondente convocatoria.

 

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á sede electrónica

Texto íntegro da convocatoria no D.O.G.: (picar aquí para descargar)

Corrección de erros D.O.G. 01.03.2013: (picar aquí para descargar)

 

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
21.03.2013