Programa de axudas para a participación no Programa “Conecta con Galicia”, actividades de Campamentos e Campos de Traballo no ano 2013

Listen to this page using ReadSpeaker
4490 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes do programa “Conecta con Galicia”, actividades de aire libre (campamentos) e campos de traballo dirixidos a mozos/as de orixe galega ou descendentes de galegos/as e que residan no exterior.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 5 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convoca e regula para o ano 2013 o programa de axudas para a participación no programa “Conecta con Galicia” dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
12.03.2013
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto: Facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

Requisitos esenciais dos/as participantes: mozos e mozas de entre 14 e 30 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos/as en Galicia ou descendentes de emigrantes galego/a ata o segundo grao de consanguinidade e con nacionalidade española, os/as maiores de 18 anos acreditarán a súa vinculación cun concello galego no censo electoral de residentes ausentes.

Número de prazas convocadas e características:
1. Actividades de aire libre: Convócanse 160 prazas, en dous grupos de idades (de 14 a 17 anos e de 18 a 20 anos), no mes de xullo, co seguinte programa:

a) “Cultura e camiño”, os/as participantes aloxaranse seis días, en residencias xuvenís, participando en actividades para coñecer o Patrimonio Histórico Cultural das respectivas zonas e percorrendo a pé o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela.

b)  “O mar de Galicia”, os seis días restantes aloxaranse en zona de costa, en albergues xuvenís onde realizarán actividades de náutica de recreo e de coñecemento do medio mariño.

2. Campos de Traballo: Convócanse 20  prazas  en distintas localidades da Comunidade Autónoma galega, para participantes con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade, que se desenvolverán principalmente na 2ª quincena de xullo e na 1ª quincena de agosto.

Financiamento:
Este Programa cubre a totalidade dos gastos de aloxamento, manutención e desprazamentos en Galicia. Os custos dos billetes de ida e volta desde os países de orixe a Galicia financiaranse ao 100%  ou ao 50%, segundo o establecido nas bases reguladoras.

 

Prazas ACTIVIDADES AIRE LIBRE 2013
IDADE 14-17 anos 18-20 anos TOTAL
QUENDA 1 ao 12 15 ao 26 1 ao 12 15 ao 26
MES XULLO XULLO XULLO XULLO
FINANCIAMENTO 100 % 50 % 100 % 50 % 100 % 50 % 100 % 50 %
Arxentina 13 6 10 4 17 8 7 4 69
Brasil     3 2     6 3 14
Cuba             3   3
Uruguai 13 6 3 2 10 4 4 2 44
Venezuela     10 4     7 3 24
Resto de América 1 1 1 1 1     1 6
TOTAIS 27 13 27 13 28 12 27 13 160

 

 

Prazas CAMPOS DE TRABALLO 2013
PAÍS Prazas ao 100% Prazas ao 50% PRAZAS TOTAIS
Arxentina 3 2 5
Brasil 2 1 3
Cuba 2 0 2
Uruguai 3 1 4
Venezuela 2 1 3
Resto América 2 1 3
TOTAIS 14 6 20

 

Lugar de presentación das solicitudes:
1. As solicitudes presentaranse, xunto co resto da documentación, na Secretaría Xeral da Emigración, na Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires, na Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Poderán presentarse nas consellerías de Traballo e Asuntos Sociais, nas seccións de Traballo e Asuntos Sociais das oficinas consulares, así como nos consulados ou seccións consulares das embaixadas correspondentes ao domicilio ou residencia do solicitante.

2. Os interesados e as interesadas que así o desexen poderán dirixirse ás entidades colaboradoras que se sinalan a seguir, para a presentación en formato electrónico das súas solicitudes:

  •   En Brasil:
    – Peña Galega da Casa de España (Río de Janeiro)
    – Real Sociedade Española de Beneficencia (Salvador-Bahia)
    – Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrução (São Paulo)
    – Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro (Santos)
  •   En Venezuela:
    -HermandadGallega de Venezuela (Caracas)
  •   En Cuba:
    – Federación de Sociedades Galegas en Cuba

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á sede electrónica

Convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes (D.O.G. 12.04.2013) (picar aquí para descargar)

Información de interese para o programa "Conecta con Galicia 2013":

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
22.04.2013