Bolsas para a prórroga da realización de estudos universitarios oficiais conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico en Galicia no curso académico 2012-2013

Listen to this page using ReadSpeaker
2227 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establece a convocatoria do programa de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior e aos seus descendentes para a prórroga da realización de estudos universitarios oficiais conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico en centros públicos de Galicia para o curso académico 2012/13.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
28.08.2012
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto:
Esta resolución ten por obxecto aprobar a convocatoria pola que se rexerá a concesión de bolsas de prórroga para a realización de estudos presenciais universitarios, de carácter oficial, en centros públicos de Galicia para o curso académico 2012-2013, a través do programa 1 da sección I da Resolución do 24 de xuño de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración: bolsas para a realización de estudios universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.

A convocatoria rexerase polas bases reguladoras recollidas na Resolución do 24 de xuño de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios oficiais, intercambios universitarios e estudos de formación profesional en Galicia e a convocatoria para o curso académico 2011/12 (Diario Oficial de Galicia núm. 129, do 6 de xullo).

Documentación
As persoas solicitantes deberán achegar a seguinte documentación:

1. Solicitude segundo o modelo normalizado (anexo I).
2. Copia do DNI, pasaporte ou documento acreditativo da identidade e nacionalidade do solicitante. A presentación da copia do DNI só será necesaria no caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade no sistema de verificación de datos de identidade.
3. Certificación de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular acreditativo da residen-cia no estranxeiro da súa unidade económica familiar. No caso de non posuír a nacionalidade española, documentación oficial que acredite a residencia no estranxeiro.
4. Documentación xustificativa, expedida pola universidade correspondente, de ter su-perado o 75 % dos créditos matriculados durante o curso 2011-2012.
5. Anexo II: modelo de declaracións:
• Declaración de que non ten concedidas, para os mesmos estudos, outras axudas ou subvencións das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (anexo II).
• Declaración de non estar incurso en prohibición para obter a condición de beneficiario de subvención (anexo II).
• Declaración responsable de non ter débedas pendentes coa Administración tributaria estatal e autonómica, así como coa Seguridade Social (anexo II).
• Declaración do compromiso de utilización da lingua galega en todas as actividades para as cales se solicita a axuda, de ser o caso (anexo II).

 

Tramitación das solicitudes (picar aquí para acceder)

Convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
28.09.2012