Axudas para a participación no Programa “Campos de voluntariado”, no ano 2019

Listen to this page using ReadSpeaker
2767 lecturas
Información do programa “Campos de traballo”, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas galegas e que residan no exterior e instrucións para a cumprimentación dos formularios de inscrición.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 23 de abril de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca para o ano 2019 o programa de axudas para a participación no programa Campos de Traballo dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
06.05.2019
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto: Facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

Requisitos esenciais dos/as participantes: mozos e mozas de entre 20 e 30 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos/as en Galicia ou descendentes de persoas emigrantes galegas e con nacionalidade española. Deberán acreditar a súa vinculación cun concello galego no censo electoral de residentes ausentes.

Número de prazas convocadas e características:
Convócanse 22 prazas para mozos e mozas con idades comprendidas entre os 20 e 30 anos. Realizarán actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental do noso contorno e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de formación, de lecer e tempo libre.

Estas actividades desenvolveranse na segunda quincena do mes de agosto en Portomarín.

Nestas 22 prazas inclúense 2 prazas para residentes no resto de España (excepto Galicia), e 2 para residentes no resto de Europa.

Financiamento: 
Este Programa cubre a totalidade dos gastos de aloxamento, manutención e desprazamentos en Galicia. Os custos dos billetes de ida e volta desde os países de orixe a Galicia financiaranse ao 100%, ao 50% ou ao 0%, segundo o establecido na resolución. Aquelas persoas participantes que opten polo financiamento do 0% deberán aboar elas todo o custo dos billetes de ida e volta desde os países de orixe a Galicia.

Prazas Campos de Traballo 2019
País 100 % 50 % 0 % TOTAL
Arxentina 2 2 1 5
Brasil 1 1 1 3
Cuba 2 - - 2
Uruguai 1 2 1 4
Venezuela 2 - - 2
Resto de América 1 1 - 2
Resto de España - - 2 2
Resto de Europa - 1 1 2
TOTAIS 9 7 6 22

 

Lugar de presentación das solicitudes:

  1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

    Para a presentación das solicitudes poderá utilizarse calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
    Para obter máis información sobre a convocatoria os/as interesados/as deben dirixirse, segundo os países de residencia, ás entidades seguintes: 

    * En Arxentina: 
    Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires
    * En Uruguai: 
    Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo
    * En Brasil: 
    – Peña Gallega da Casa de España de Río de Janeiro. 
    – Sociedade Hispano Brasileña de Socorros Mutuos e Instruçao de São Paulo. 
    – Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos. 
    * En Cuba: 
    – Federación de Sociedades Gallegas na Habana. 
    * En Venezuela: 
    – Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas. 

  2. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  3. Na súa solicitude, as persoas interesadas farán constar a súa preferencia para o regreso. 
FORMULARIOS DE SOLICITUDE picar aquí para acceder á Sede electrónica

 

Documentación para descargar:

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
06.06.2019