Axudas económicas individuais a galegos/as residentes no exterior. Exercicio 2013

Listen to this page using ReadSpeaker
2275 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes das Axudas económicas individuais de carácter social dirixidas a emigrantes galegos/as residentes no estranxeiro que posúan a nacionalidade española e a determinados/as familiares, que se atopen en situación de necesidade económica. Estas axudas están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención socio-sanitaria.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 5 de marzo de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convoca e se regula o programa de axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior para o exercicio 2013. (D.O.G. nº 49 de 11 de marzo de 2013).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
11.03.2013
Estado: 
Procedemento pechado

Destinatarios/as:

  1. Os/as emigrantes galegos/as e os/as seus fillos/as, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galego/a de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia. A forma de acreditar dita condición de galego/a sinálase no artigo 14º das bases.
  2. Os/as netos/as de emigrantes galegos/as, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galegos/as de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia e acrediten un ano de residencia continuada en Galicia.
  3. No caso de falecemento das persoas indicadas nos puntos 1 e 2, poderán ser beneficiarios/as por unha única vez das axudas por situación de dependencia ou enfermidade grave, o/a seu/súa cónxuxe viúvo/a, os/as seus fillos/as, a parella de feito ou relación análoga, sempre e cando non transcorresen máis de quince meses dende o falecemento e non fosen beneficiarios o ano anterior.

Supostos de necesidade:

  • Situación de dependencia ou enfermidade grave do/a solicitante.
  • Situación de dependencia ou enfermidade moi grave no seo da unidade familiar.
  • Invalidez ou enfermidade permanente do/a solicitante.
  • Cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas o graves, cando teñan un custe elevado.
  • Axudas para as mulleres que sufran violencia de xénero.
  • Situación de desemprego na unidade económica familiar.
  • Situación de precariedade na unidade familiar.

Lugar de presentación das solicitudes:

  • En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
  • En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.
  • En Brasil:
    -Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro.
    -Real Sociedad Española de Beneficencia de Salvador-Bahía.
    -Sociedad Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçao en São Paulo.
    -Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos. 
  • En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas en La Habana
  • En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
  • Ou na Secretaría Xeral da Emigración (Basquiños, 2 - 15704 Santiago de Compostela) ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contacto e información:
Secretaría Xeral da Emigración
Servizo de Acción Social
Teléfonos: + 34 981 545877 / + 34 981 545880
Fax: + 981 957055
Correo electrónico: accion.social.emigracion@xunta.es

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á sede electrónica

Convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)

Corrección de erros D.O.G. 15.03.2013 (picar aquí para descargar)

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
20.04.2013