Axudas cofinanciadas polo FSE dirixidas a concellos, mancomunidades de concellos e a consorcios locais para a realización de proxectos destinados ao asesoramento e á formación da poboación inmigrante extracomunitaria en Galicia. Ano 2012.

Listen to this page using ReadSpeaker
1384 lecturas
Información e formularios de solicitude para descargar.
Resolución da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo dirixidas a concellos, a mancomunidades de concellos e a consorcios locais para a realización de proxectos destinados ao asesoramento e á formación da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia
Data de publicación: 
05.07.2012
Estado: 
Procedemento pechado

Fondo Social EuropeoObxecto:

1. O obxecto das bases reguladoras é a convocatoria de subvencións, cofinanciadas polo FSE, a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais para o desenvolvemento de proxectos destinados ao asesoramento e á formación da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega.

2. Só poderán subvencionarse os proxectos e accións que se detallan no artigo 5 das bases reguladoras desta resolución.

Beneficiarios:

1. Poderán ser beneficiarios destas subvencións os concellos, as mancomunidades de concellos, os consorcios locais e as agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma galega que cumpran os seguintes requisitos:

1.A. Realizar a emisión de informes de arraigamento social e vivenda axeitada, que a lexislación en materia de estranxeiría (Regulamento da Lei orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social) establece no ámbito da Comunidade Autónoma galega.

1.B. Poboación inmigrante extracomunitaria:

1.B.1. Concellos:

Superar o 2,5% de poboación inmigrante extracomunitaria e ter como mínimo empadroadas no concello máis de 100 persoas inmigrantes extracomunitarias. No caso de non superar o 2,5 % de poboación inmigrante extracomunitaria, débese ter como mínimo empadroadas no concello máis de 1.000 persoas inmigrantes extracomunitarias.

1.B.2. Consorcios locais e mancomunidades:

Superar o 2,5 % de poboación inmigrante extracomunitaria o 60% dos concellos que integran as ditas entidades e ter de media o consorcio ou a mancomunidade máis de 600 persoas inmigrantes extracomunitarias.

1.B.3. Agrupacións de concellos:

Superar o 2% de poboación inmigrante extracomunitaria o 50% dos concellos agrupados, e ter de media a agrupación máis de 300 persoas inmigrantes extracomunitarias.

O cálculo da poboación inmigrante farase tendo en conta a poboación total e poboación inmigrante extracomunitaria empadroada no ano anterior ao da correspondente resolución de convocatoria.

1.C. Desenvolver actividades e accións que favorezan a acollida e integración das persoas inmigrantes extracomunitarias na Comunidade Autónoma de Galicia, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

1.D. Os solicitantes deberán manter os requisitos exixidos durante todo o exercicio económico para o cal se concede a subvención.

2. No caso de que se presenten mancomunidades de concellos, consorcios locais e agrupacións de concellos non poderán concorrer á convocatoria os concellos que forman parte deles/as, polo que quedrán excluídos.

3. No caso de que o solicitante sexa unha agrupación de concellos, os requisitos exixidos nos puntos 1.A e 1.C do artigo 3 da presente resolución enténdense referidos aos concellos que compoñen a dita agrupación.

Proxectos subvencionables:

De acordo co tema prioritario 70 do eixe 2 do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013, a través desta resolución subvencionarase o desenvolvemento dos seguintes proxectos:

1. Proxectos de asesoramento, nos que se inclúen accións de información, asesoramento e orientación xurídica ás persoas inmigrantes extracomunitarias.

Trátase de desenvolver proxectos que teñan por obxecto garantir a asistencia xurídica en materia de estranxeiría e de retorno, adecualos ás necesidades cambiantes da poboación inmigrante, promovendo o acceso a un asesoramento xurídico de calidade que permita o pleno coñecemento dos dereitos e obrigas que lles atribúe a lexislación vixente.

2. Proxectos de formación:

2.a) Proxectos de reforzo educativo: proxectos de apoio e compensación educativa en centros escolares, e aprendizaxe das linguas da sociedade de acollida.

O obxectivo deste proxecto é realizar accións de reforzo e compensación educativa para o alumnado inmigrante en Galicia, así como a aprendizaxe das linguas da sociedade de acollida.

2.b) Proxectos de formación de adultos: aprendizaxe das linguas da sociedade de acollida.

Non se financiarán aqueles proxectos que no momento de resolver a concesión da subvención xa os estean financiando outros departamentos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito da entidade local ou agrupación de concellos.

No desenvolvemento destes proxectos promoverase a igualdade entre homes e mulleres, fomentando a eliminación de calquera forma de discriminación.

Formularios* de solicitude: (picar aquí para descargar)

*Nota: Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Non se pode gardar o documento xa que se perderán todos os cambios realizados.

Convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
06.08.2012