Funcións e Competencias

A Secretaría Xeral da Emigración é o órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao que lle corresponden as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, as relacións coas comunidades galegas no exterior, as políticas de emigración e retorno en Galicia e a representación e participación nos órganos e foros relacionados coas mesmas que lle encomende a persoa titular da Presidencia da Xunta.

Corresponden tamén á Secretaría Xeral da Emigración as competencias que atribúe ás comunidades autónomas a Lei 40/2006, do 14 de decembro, do Estatuto da cidadanía española no exterior.