Liñas de axuda

Ex. 05.06.2024
Ex. 05.06.2024
  • 153 Bolsas para a prórroga da realización de estudos universitarios oficiais conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico en Galicia no curso académico 2013-2014
    Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
    Obxecto e finalidade da convocatoria: 1. Esta resolución ten por obxecto aprobar a convocatoria pola que se rexerá a concesión de bolsas para a prórroga da realización de estudos presenciais universitarios, de carácter oficial, en centros públicos de Galicia para o curso académico 2013/14, a... Máis información
  • 153 Seminarios de baile, música, obradoiros artesanais e cociña galega. Ano 2011.
    Información e Formularios de Inscrición. A Secretaría Xeral da Emigración co obxectivo de potenciar os costumes e tradicións galegas e posibilitar que os galegos que residen no exterior manteñan os vínculos coa cultura de Galicia convoca distintos seminarios formativos de baile, música tradicional, obradoiros artesanais e cociña galega, que se realizarán nas entidades galegas do exterior, de xeito que se manteña viva a nosa identidade e se promocione a nosa cultura na Galicia exterior.
    Destinatarios: Poderán solicitar a organización destes seminarios, as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, inscritas no rexistro de comunidades galegas ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades, co fin de poñer en común os... Máis información
  • 166 154 Programas Formativos no Sector Agroforestal da Fundación Galicia Emigración
    A Fundación Galicia Emigración desenvolve en 5 localidades galegas un Programa Formativo no sector AGROFORESTAL onde se desenvolverán catro cursos diferentes nos que participarán un total de 75 emigrantes retornados e inmigrantes, co obxectivo de proporcionar unha capacitación laboral que favoreza a súa inserción laboral e promoción profesional. Descargue aquí os formularios de inscrición.
    Curso de Uso de Motoserra (Verín). Cursos de Tala Forestal (Carballo e Vilalba). Curso de Plantación e Poda (Rivadavia). Curso de Xardinería (Lalín). 1.- Curso de uso de motoserra en Verín (Ourense). Descrición: Programa Formativo capacite que capacite para executar de forma... Máis información
  • 153 Curso de Formación para Axentes de Cooperación en Entidades Galegas
    Información e formulario de inscrición para descargar
    Obxectivo do curso: Fortalecer como axentes de cooperación internacional para o desenvolvemento aos Centros Galegos de Arxentina co fin de que os participantes poidan comprender a dinámica da cooperación internacional para o desenvolvemento e as súas principais metodoloxías de traballo, de cara á... Máis información
  • 153 Xornadas dirixidas a Xóvenes Galegos e descendentes residentes na Arxentina
    Convocatoria do "Centro Galicia de Buenos Aires". Descarga aquí o Formulario de inscrición nas Xornadas, a celebrar en Bos Aires (Arxentina) do 29 ao 31 de outubro de 2010
    Denominación: Xornadas dirixidas a Xóvenes Galegos e descendentes residentes na Arxentina Lugar de celebración: Bos Aires Datas de celebración: 29, 30 e 31 de outubro de 2010 Data límite de inscrición: 24 de outubro de 2010 Solicitudes de inscrición: Descargar e cubrir este formulario (picar aquí... Máis información
  • 153 Xornadas dirixidas a Xóvenes Galegos e descendentes residentes no Brasil
    Convocatoria da Peña Galega da Casa de España. Descarga aquí o Formulario de inscrición nas Xornadas, a celebrar en Río de Xaneiro do 8 ao 10 de outubro de 2010.
    Denominación: Xornadas dirixidas a Xóvenes Galegos e descendentes residentes no Brasil Lugar de celebración: Río de Xaneiro Datas de celebración: 8, 9 e 10 de outubro de 2010 Data límite de inscrición: 3 de outubro de 2010 Solicitudes de inscrición: Descargar e cubrir este formulario (picar aquí... Máis información
  • 153 Programa Formativo de Redes Socias na Web e Técnicas de Hardware da Fundacion Galicia Emigracion
    A Fundación Galicia Emigración desenvolve en Zürich (Suiza), un Programa Formativo de REDES SOCIAS NA WEB E TÉCNICAS DE HARDWARE, co obxectivo de proporcionar unha capacitación que potencie a vinculación dos emigrantes galegos con Galicia e favoreza tamén a súa inserción laboral e promoción profesional. Descargue aquí o formulario de inscrición.
    Beneficiarios: Emigrantes galegos e os seus descendentes ata segundo grado de consanguinidade, residentes en Suiza, maiores de 18 anos  e con nacionalidade española. Duración: 100 leccións de 45 minutos cada unha, en horario de fin de semana. Contidos: a) REDES SOCIAS NA WEB (40 leccións de 45... Máis información
  • 153 Jornadas de la Juventud Gallega en México
    Formularios de inscrición para a participación nas Jornadas de la Juventud Gallega, a celebrar no Centro Gallego de México, México D.F., o 10, 11 e 12 de setembro de 2010.
    Denominación: Jornadas de la Juventud Gallega en México Lugar de celebración: México D.F. Datas de celebración: 10, 11 e 12 de setembro de 2010 Data límite de inscrición: ata o 10 de setembro de 2010 Solicitudes de inscrición: Descargar e cubrir este formulario (picar aquí) e enviar: por e-mail... Máis información
  • 166 154 Programa Formativo de “Servizos á Familia e Traballo no Fogar”, da Fundación Galicia Emigración.
    A Fundación Galicia Emigración, co obxectivo de promover a inserción laboral e a promoción profesional dos emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia, pon en marcha en Lugo, un PROGRAMA FORMATIVO DE “SERVIZOS Á FAMILIA E TRABALLO NO FOGAR”, que capacita para coidar, manter e controlar todo o relacionado co fogar e os integrantes da unidade familiar.
    Beneficiarios: Emigrantes retornados e inmigrantes. Programa Formativo: A duración será de 100 horas lectivas. MÓDULO 1: Técnicas de limpeza e coidados no fogar (Duración 12 h.) MÓDULO 2: Preparación e elaboración de menús (Duración 12 h.) MÓDULO 3: Atención e coidado dos nenos, maiores e... Máis información
  • 166 154 Axudas a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada en Galicia.
    A Secretaría Xeral da Emigración convoca axudas dirixidas ás entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas que conteñan actividades e accións destinadas a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma Galega.
    Beneficiarios: Entidades sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia con experiencia e capacidade en actuacións que favorezan a acollida e integración de persoas inmigrantes e retornadas e que teñan o seu domicilio social en Galicia. Ámbito: Actuacións na Comunidade Autónoma Galega... Máis información
    Procedemento pechado

Páxinas