Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
16Xaneiro2024A Xunta destina 1,35M€ para axudar co funcionamento dos centros galegos do exterior e o desenvolvemento das actividades sociais e culturais audio O Goberno galego publica hoxe no DOG esta convocatoria que apoia tamén accións de especial relevancia, proxectos culturais, sociais e accións pola xuventude. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova liña de axudas para as entidades galegas do exterior que contará cun crédito orzamentario de 1,35 millóns de euros e que se destinará a axudar ao funcionamento dos centros galegos do exterior e o desenvolvemento das actividades sociais e... Máis información
-
14Xaneiro2024Emigración promociona o uso da lingua pola galeguidade no mundo cun novo curso en liña audio O curso está aberto a todas as persoas interesadas na lingua e cultura galegas, xa sexan principiantes ou con coñecementos previos. O curso comeza o martes 16 de xaneiro ás 20:00 horas a través do Facebook Live de GaliciaAberta con importantes novidades e a participación de relevantes personalidades da cultura galega. A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia promociona un ano máis o uso do galego cun novo curso online destinado aos... Máis información
-
13Xaneiro2024A Xunta continúa un ano máis a facilitar acceso á información dos galegos e galegas do exterior que buscan ás e aos seus antepasados audio Durante o 2023 máis de 7.000 galegas e galegos obtiveron documentación sobre a súa orixe familiar e realizáronse máis de 20.000 consultas en busca de información sobre as e os seus antepasados galegos. A Secretaría Xeral reforzará este ano a colaboración coas dioceses para seguir a dar resposta ás diferentes peticións de partidas de nacemento, bautismais, matrimonios ou defuncións. Máis de 7.000 persoas galegas do exterior obtiveron... Máis información
-
10Xaneiro2024Miranda anima ás e aos galegos da República Dominicana a sumarse á iniciativa de recuperación do centro galego da capital deste país audio O secretario xeral da Emigración reuniuse con Antonio Sánchez e Eduardo Pahino na sede do departamento do Goberno galego. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse cos representantes do Centro Gallego da República Dominicana, Antonio Sánchez e Eduardo Pahíno, e animou aos galegos e galegas da República Dominicana a sumarse a esta iniciativa. No transcurso do encontro trasladáronlle as novidades sobre a nova posta en... Máis información
-
09Xaneiro2024Emigración abre unha nova convocatoria de 250 bolsas BEME de máster en Galicia para mozas e mozos galegos residentes no exterior audio As axudas, que sufragan viaxe, matrícula, aloxamento e manutención, aumentan en 500 euros, ata acadar bolsas de entre 8.000 e 12.500 euros, en función da duración do mestrado e o continente de procedencia da persoa beneficiaria. A Secretaría Xeral da Emigración destinará máis de 2,5 millóns a esta medida, incluída na Estratexia Retorna 2023-2026 e que con esta nova convocatoria terá ofrecido preto de 2.000 oportunidades de retorno a través dunha... Máis información
-
06Xaneiro2024A web da Secretaría Xeral da Emigración, GaliciaAberta, supera o medio millón de usuarios e usuarias e as 1.532.000 páxinas vistas en 2023 audio O portal web da Secretaría Xeral da Emigración recibiu o ano pasado un 83% máis de visitas que en 2.022, destacando especialmente as informacións relativas ao retorno e as convocatorias de axudas e programas. As redes sociais do departamento do Goberno galego suman máis de 8.000 novas e novos internautas en todo o mundo, superando os 57.000 seguidores e seguidoras nas principais redes, un 14,22% máis que o pasado ano. GaliciaAberta, o portal... Máis información
-
05Xaneiro2024A Consellería de Emprego e a Secretaría Xeral da Emigración mantiveron unha reunión para impulsar os programas de acceso ao emprego das e dos galegos retornados audio Ao longo da reunión analizaron os programas desenvolvidos no ano 2023, tanto de apoio ao emprendemento como de acompañamento na busca de emprego por conta allea. Outro dos puntos focais da reunión foi o programa 'Retorna Cualifica Emprego', que terá a súa continuidade no ano 2024. A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral da Emigración mantiveron unha reunión co fin de reforzar e dar un novo impulso aos programas de... Máis información
-
04Xaneiro2024Increméntase un 20% o número de espectadoras e espectadores do exterior ao cine galego a través do Ciclo Mestre Mateo froito da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe unha reunión co presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, para analizar o desenvolvemento deste proxecto e planificar a iniciativa para 2024. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión hoxe co presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, no que se analizou o Ciclo de cine Mestre Mateo... Máis información
-
02Xaneiro2024Emigración e a Fundación Ronsel analizan os programas de apoio á empregabilidade que chegou a 300 galegas e galegos retornados no 2023 audio Ambas entidades colaboran a través do programa Merlo que permite a mentorización na posta en marcha de proxectos empresariais e a través dunha iniciativa de formación para bolseiras e bolseiros BEME e outras e outros galegos retornados, tanto na busca de emprego como no desenvolvemento de iniciativas empresariais. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director da Fundación Ronsel, Luís Deber, analizaron os programas... Máis información
-
01Xaneiro2024Felicitación do Aninovo 2024 do secretario xeral da Emigración audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, felicita o Aninovo 2024 aos galegos e galegas residentes en 147 países de todo o mundo. Máis información
Páxinas |