GaliciaAberta - Secretaría Xeral da Emigración
Publicado en GaliciaAberta - Secretaría Xeral da Emigración (https://emigracion.xunta.gal)

Inicio > Galicia Pórtico Universal en Barcelona

Galicia Pórtico Universal en Barcelona

Galicia Pórtico Universal en Barcelona

Galicia Pórtico Universal en BarcelonaComeza esta semana en Barcelona “Galicia, Pórtico Universal”, un proxecto da Secretaría Xeral da Emigración co apoio da Consellería do Medio Rural e do Mar, a Axencia Turismo de Galicia, Galicia Calidade, e a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, para a promoción de produtos de orixe galega, así como Galicia en xeral como referente turístico e de investimento, contando coa inestimable colaboración dos centros galegos da diáspora, xa que as galegas e os galegos da diáspora actúan como embaixadores e embaixadoras da promoción da calidade de Galicia e os seus produtos.

Esta infraestrutura para a promoción exterior da nosa Comunidade Autónoma inclúe unha exposición de artesanía galega, mostras de produtos alimentarios galegos non perecedoiros con denominación de orixe ou marca de calidade, demostracións en vivo de actividades artesás galegas, cadansúa área de información de Turgalicia e Xacobeo, unha aula profesional de cata, diversas expresións culturais adaptadas a cada cidade visitada, e tamén a venda de produtos de cadanseu consello regulador dos produtos agroalimentarios amparados por denominación de orixe ou indicativo xeográfico protexido que participan na iniciativa.

Chíos sobre #porticouniversal [1]
  • Novas [2]
  • Eventos [3]
04.05.2026
A Xunta pon en valor as cantantes líricas que levaron o nome de Galicia polos grandes escenarios do mundo [4]
28.04.2026
Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos do exterior o mellor cine galego a través do ciclo de cine Mestre Mateo [5]
27.04.2026
O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, participou en Luján na inauguración da exposición 'Iacobus Gaudet: Los caminos de Santiago en Galicia' [6]
27.04.2026
López Campos erixe o cocido de Lalín como embaixador internacional da cultura gastronómica de Galicia [7]
ver todas [8]

Socios Colaboradores

Secretaría Xeral da Emigración Consellería do Medio Rural e do Mar Xacobeo Artesanía de Galicia Galicia
© GaliciaAberta | Secretaría Xeral da Emigración

URL do envío (modificado o 24.01.2019 - 09:13): https://emigracion.xunta.gal/actividade/eventos-destacados/galicia-portico-universal-barcelona

Ligazóns
[1] https://twitter.com/hashtag/porticouniversal
[2] https://emigracion.xunta.gal/print/22919?qt-portico_universal=0#qt-portico_universal
[3] https://emigracion.xunta.gal/print/22919?qt-portico_universal=1#qt-portico_universal
[4] https://emigracion.xunta.gal/actualidade/nova/xunta-pon-valor-cantantes-liricas-levaron-o-nome-galicia-polos-grandes-escenarios
[5] https://emigracion.xunta.gal/actualidade/nova/emigracion-e-academia-galega-audiovisual-achegan-aos-galegos-exterior-o-mellor-ci-0
[6] https://emigracion.xunta.gal/actualidade/nova/o-delegado-xunta-bos-aires-alejandro-lopez-dobarro-participou-lujan-na-inauguracion
[7] https://emigracion.xunta.gal/actualidade/nova/lopez-campos-erixe-o-cocido-lalin-embaixador-internacional-cultura-gastronomica
[8] https://emigracion.xunta.gal/actualidade