Page 167 - Dun Finisterre a outro

Basic HTML Version

Polonia 22 5´3
Checoslovaquia 20 4´7
Iugoslavia 15 3´5
Grecia 10 2´4
Chile 9 2´2
Holanda 8 1´9
Romanía 7 1´7
Austria 7 1´7
Bulgaria 7 1´7
Lituania 6 1´4
Hungría 4 0´9
Outros
227
17 3´4
TOTAL 412 100´0
No sector servicios os españois, que seguen a ter unha destacada
importancia, deixan sen embargo a preeminencia ós arxentinos, a lo
menos na estricta visualización burocrática, ó sinalar como nacionais na
documentación ós herdeiros dos comerciantes españois: aparecen así 21
arxentinos por 11 españois, e xa máis alonxados os italianos, con catro, así
como os rusos e os alemáns, os portugeses con tres os austriacos con dous,
como os iugoslavos e checoslovacos, e os albaneses, franceses e holandeses
cun representante.
Concluíndo pois con este apartado, parece necesaria a recapitula-
ción dos aspectos máis destacados que se poden colexir tras o estudio evo-
lutivo da presencia inmigrante nos diferentes campos laborais comodo-
renses. Semella claro que é o sector secundario, estreitamente vencellado
ás empresas petrolíferas da zona, o que recolle a grande maioría dos traba-
lladores da cidade, aínda que esta forza do sector comeza a ser efectiva fun-
damentalmente dende comezos da década dos vinte e se manifesta xa en
todo o seu esplendor a comezos dos trinta, mentres que na década dos dez
Dun Finisterre a outro: A emigración galega á Patagonia
167
227 Dous sudafricáns, dous chipriotas, dous uruguaios, dous paraguaios, dous suízos, dous franceses,dous
británicos, un turco, un noruegués e un brasileiro.