Page 166 - Dun Finisterre a outro

Basic HTML Version

Polonia 1 1´9
TOTAL 52 100´0
No grupo laboral ligado ás empresas petrolíferas, a suba numérica
provoca tamén unha suba dos arxentinos: estamos no período álxido da
tantas veces mencionada “política de arxentinización” que provoca unha
maior presencia do elemento nacional nas explotacións patagónicas:
Procedencia
Total %
Arxentinos 158 27´7
Estranxeiros 412 72´3
TOTAL 570 100´0
De tódolos xeitos, a importancia española segue a ser destacable,
conservando o primeiro posto entre as colectividades ligadas ás tarefas
petrolíferas, mentres, xa por fín, se achegan á localidade o fluxo funda-
mental que engrosa ás restantes nacionalidades que configuran as caracte-
rísticas fundamentais do caso patagónico, case que sempre orientadas ó
continente europeo e dentro deste á zona mediterránea e ós países eslavos,
coa importante excepción alemana:
Procedencia
Total %
España 139 33´7
Alemania 44 10´7
Portugal 38 8´9
Italia 37 9´0
Rusia 28 6´7
Victor Manuel Castiñeira Castro - Alfredo Martín García
166