tal. Así o demostran as cifras porcentuais de traballadores que abandonan
a empresa en diversos anos da época que estamos a analizar:
168
Ano %
1917 54´2
1918 64´8
1919 51´4
1920 97´3
1921 63´4
1926 59´1
1928 50´5
FONTE: Torres, Susana
De todas formas, e aínda tendo en conta todo o comentado, convén
resaltar a importancia porcentual do grupo de operarios cun historial de
máis dunha década nas instalacións comodorenses e que, de feito, son o
grupo máis numeroso tras o dos traballadores con menos dun ano de histo-
rial, é pois un sector moi a ter en conta. Pero a pesar da súa importancia,
sen dúbida á hora de realizar unha análise global poderíase dicir que o sec-
tor laboral español en YPF é un grupo maioritariamente con poucas raíces
na empresa, aínda que tal situación non se debe a unha característica pecu-
liar ou diferencial dela, senón que se trata dunhas condicións laborais
comúns á grande maioría dos traballadores dos campos petrolíferos estatais.
Asimesmo, e como veremos a continuación, xunto a esa precarieda-
de laboral hai que falar tamén dun sector empregado básicamente nas
labores menos complexas, no traballo de menor preparación técnica. Pero
antes de profundizar neste aspecto, é necesario realizar unha serie de acla-
racións con respecto á información aportada polas fontes e a súa utiliza-
ción pola nosa parte: as fichas de persoal de YPF ofrécennos a categoría
profesional coa que comezan a traballar nas instalacións patagónicas os
operarios españois, así como as posteriores labores desenvolvidas nela ata
o momento da súa baixa. A nós interesounos para esta investigación a
Dun Finisterre a outro: A emigración galega á Patagonia
113
168 TORRES, S. :
Opus cit
., p. 56.