Page 112 - Dun Finisterre a outro

Basic HTML Version

O 58´5% do total de traballadores españois non chegan a laborar
catro anos nos xacementos petrolíferos estatais de Comodoro e un 20´2%
non o farán sequera un ano. Tal circunstancia pode deberse ben a unha
certa precariedade laboral, é dicir, a traballos quizáis de tipo máis ou
menos eventual, ou tamén á busca por parte do traballador de circunstan-
cias máis favorables, xa sexa noutra empresa petrolífera das inmediacións
ou no sector servicios que viviría posiblemente por estas datas un bo
momento dado o importante crecemento poboacional da localidade.
Pero, dende logo, un elemento significativo moi a ter en conta foi a ele-
vada conflictividade social vivida en Comodoro durante os anos que esta-
mos a estudiar, que non só afectóu a YPF senón tamén ás demáis empresas
do entorno e cunhas consecuencias inmediatas, por unha banda, na suce-
sión de despidos realizados de calquera individuo sospeitoso de instigar á
oposición frontal á dirección e, por outra, a xa comentada política de
“arxentinización” da compañía. Como é lóxico, ambalasdúas medidas
estaban estreitamente ligadas, e é que para os directivos da compañía esta-
tal era fundamentalmente o elemento estranxeiro o culpable destes alter-
cados, como queda de manifesto nunha das moitas cartas de correo inter-
no escrita por un deles:
“Es propósito del que suscribe ir dando con preferencia los puestos de
mayor importancia a elementos nacionales y de los que se tenga garantía de
orden (...) en virtud de que son los extranjeros los que forman la casi totalidad
del personal de esta repartición (...) y son los primeros adherentes a cualquier
movimiento de huelga”.
167
Esta política de despidos era moito máis factible nunha compañía
como YPF que noutras, como por exemplo ASTRA, na cal o número máis
reducido de traballadores e a súa maior especialización facíaos moito máis
necesarios e, polo tanto, os inmunizaba en maior medida da política repre-
sora da dirección; situación da que non gozaban os “elementos hostís”
dunha empresa da capacidade numérica en canto a operarios como a esta-
Victor Manuel Castiñeira Castro - Alfredo Martín García
112
167 Esta opinión, moi difundida na época, e que viña a identificar a conflictividade social con indivi-
duos revoltosos dos baixos fondos, se esquecía, como acertadamente opina Daniel Márquez, do verda-
deiro problema xerado por factores de maior alcance relacionados coas condicións laborais ou habita-
cionais dos traballadores. Ver MÁRQUEZ, D.: “Hacia la definición de un modelo...”, pág. 140.