48
Carlos Sixirei Paredes
caudales de ellos y lo que regularmente no pasa en España,sucede aquí pues se herma-
nan y ayudan valientemente unos a otros,amparándose mutuamente y poniendo su
caudal a los que vienen de allá"
Certamente o eran. En 1790 fundase nesta cidade a primeira entidade
asociativa galega en terras platenses e en 1807 os galegos armaron un batallón
de voluntarios que xogou principalísimo papel na defensa da cidade contra a
segunda invasión inglesa
Para o S.XVIII estimouse unha emigración de entre 300.000 e 350.000
individuos. É unha cifra moi importante que comezaba a notarse no país para
ben e para mal. Se a emigración actuou, como sinala Eiras Roel, de regulador
demográfico e proporcionou recursos monetarios complementarios ás familias
campesiñas, tamén freou o desenvolvemento e amosouse pronto coma inútil
solución para evitar o deterioro da economía galega.
Galicia entra no S.XIX nunha situación de "impasse" na agricultura. A
mellora dos rendementos dependía en exclusiva do incremento da superficie
cultivada a costa dos montes veciñais e das terras semipantanosas. Outro fac-
tor foi a intensificación do cultivo do millo (zonas litorais) e a pataca (inte-
rior). Pero as relacións de propiedade e a subdivisión dos terrazgos continua-
ron actuado como freo para calquera mellora técnica.
O estancamento tecnolóxico debeu ser compensado con un maior con-
sumo de traballo persoal. A agricultura tiña que facer fronte á demanda dunha
poboación que seguía a ritmo crecente aínda que non homoxéneo pois se ata
1840 se mantén o ímpeto do S.XVIII, a partir desta data médrase a ralentí e a
poboación galega perde posicións porcentuais no conxunto da poboación
española. Se en 1826 Galicia contaba con 1.585.419 habitantes (11,2% do
total español) o censo de 1900 proporcionaba a cantidade de 1.950.515 almas
(10,5%).
Aínda a fins de século a poboación rural representaba o 87% da total
galega,porcentaxe que non tiña parangón en España. A emigración acabou
converténdose na única solución posíbel ao desequilibrio, cada vez mas evi-
dente, entre as posibilidades dunha agricultura atrasada e unha poboación que