Page 49 - Asociacionismo Galego no exterior TI_eBook

Basic HTML Version

Achegamento ao Asociacionismo Galego
47
28 Citado por María Rosa Saurín de la Iglesia: Apuntes y documentos para una historia de
funda a Congregación de Naturais e Orixinarios de Galicia, a mais antiga aso-
ciación de emigrantes galegos que coñecemos e que funcionou en algúns
intres coma un auténtico "lobby" de presión ao servicio das Xuntas do Reino.
En América a emigración galega se fixo notar dende principios do
S.XVIII. Feijóo fai referencia a ela no "Theatro Crítico Universal" e abondan
as queixas do estamento propietario pola diminución da man de obra. As pro-
pias Xuntas do Reino demandaron en diversas ocasións que se prohibise a
saída de labradores. Pero o Goberno tiña en Galicia unha importante reserva
de poboación para os proxectos colonizadores, así que, lonxe de prohibir a
emigración, a fomentou e mesmo organizou expedicións para levar galegos a
remotos e salvaxes territorios de Patagonia, a Banda Oriental ou a Mosquitía.
Destes proxectos de trasladar familias de Galicia para colonizar o Río
de la Plata se fixo eco, en termos eloxiosos, o ilustrado Cornide:
"Con justa razón se ha elegido el Reino de Galicia para plantel de donde se
saquen los nuevos pobladores pues entre todas las provincias de España ninguna tiene
más naturales conexiones con las que se van a poblar,ni acaso habrá otra que pueda
recibir más ventajas de las nuevas plantaciones,cuyas inmensas tierras de una fertilidad
sin límites y de un clima el más benigno son el aliciente más poderoso para unos pobla-
dores numerosos y activos que dejan un país estrecho,ingrato y de una producción que
solo adquieren por un continuo y a veces mal recompensado trabajo y en el cual los
frutos menos inciertos son los de sus habitantes"
22
.
Cornide destaca as condicións especiais de Galicia para proporcionar
emigrantes debida ás súas "naturais conexións" con América. Cornide escrebe
estas liñas en 1778. Por entón a presencia galega nas Indias era xa moi notoria
ademais de que, nesa época, se estableceran os servicios de correos marítimos
regulares entre A Coruña e os portos insulares hispanos do Caribe, servicio
que se ampliou non moito despois a Bos Aires e Montevideo. A colonia galega
de Bos Aires era tan numerosa que o franciscano P.Castro non dubidou en
escribir:
"La mayor y más poderosa nación son los gallegos en cuyos comercios están los