Rodríguez Miranda participa en la celebración de la diáspora en el Reino Unido, donde residen casi doce mil gallegos y gallegas

El secretario xeral da Emigración animó a la colaboración de las y los residentes para ayudar a la proyección exterior de la economía gallega, y a que el Centro Galego siga siendo referente de la diáspora en el Reino Unido.

  • El secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, y el presidente del Centro Galego de Londres, Nicolás Miño
    El secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, y el presidente del Centro Galego de Londres, Nicolás Miño
  • Imagen del público asistente a la cita anual de la colectividad gallega en el Reino Unido, celebrada en el I. E. Cañada Blanch
    Imagen del público asistente a la cita anual de la colectividad gallega en el Reino Unido, celebrada en el I. E. Cañada Blanch
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de junio de 2013.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participa este domingo na gran celebración anual da colectividade galega residente no Reino Unido, organizada polo Centro Galego de Londres, e que se ten convertido nun referente para o encontro da diáspora galega en terras británicas.

No Reino Unido residen, segundo os datos do PERE (Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro) 11.754 galegas e galegos, o que supón que é o décimo país do Exterior no que reside un maior número de cidadáns e cidadás da nosa Comunidade. Trátase dunha emigración que ten amosado unha moi relevante capacidade de adaptación na sociedade de acollida, con persoas galegas en postos moi destacados dos ámbitos profesional, empresarial e académico, aspecto que destacou Rodríguez Miranda ao dirixirse ás e aos presentes.

O secretario xeral da Emigración tamén gabou a necesidade de aproveitar a experiencia, bagaxe e colaboración da nosa diáspora á hora de axudar a aqueles e aquelas que na actualidade buscan novos horizontes profesionais no Reino Unido, para que poidan ter, como ata agora, o Centro Galego como referente.

O Centro Galego
O Centro Galego de Londres, que preside Nicolás Miño, é unha entidade nacida no ano 1963, aínda que nos seus primeiros anos tratábase dunha asociación con carácter deportivo, que foi ampliando despois a súa carteira de servizos, ata se converter no referente da diáspora galega que é na actualidade. Convén sinalar, sen embargo, que a colectividade no Reino Unido caracterízase pola súa dispersión xeográfica. O Centro é arestora a única entidade con recoñecemento de Galeguidade con sede nas illas británicas.
 

1320 lecturas