La Agrupación de Valdeorras e Viana de Cuba celebró su 85º Aniversario con un acto sociocultural al que asistió numeroso público

Esta sociedad reunía, en sus orígenes, a las y los naturales de las localides ourensanas de O Barco de Valdeorras y Viana do Bolo.

  • Momento de una de las actuaciones del grupo folklórico de la entidad.  Foto: Agrupación Valdeorras y Viana.
    Momento de una de las actuaciones del grupo folklórico de la entidad. Foto: Agrupación Valdeorras y Viana.
  • O presidente da entidade, José Ramón Marín, dirixíndose ás persoas asociadas e invitadas. Foto: Agrupación Valdeorras y Viana.
    O presidente da entidade, José Ramón Marín, dirixíndose ás persoas asociadas e invitadas. Foto: Agrupación Valdeorras y Viana.
  • Momento de una de las actuaciones del grupo folklórico de la entidad.  Foto: Agrupación Valdeorras y Viana.
    Momento de una de las actuaciones del grupo folklórico de la entidad. Foto: Agrupación Valdeorras y Viana.
  • Momento de una de las actuaciones del grupo folklórico de la entidad.  Foto: Agrupación Valdeorras y Viana.
    Momento de una de las actuaciones del grupo folklórico de la entidad. Foto: Agrupación Valdeorras y Viana.
Listen to this page using ReadSpeaker
La Habana, 4 de diciembre de 2012.

A entidade galega en Cuba festexou o pasado sábado 1 de decembro o seu 85º aniversario cunha actividade sociocultural á que asistiron máis de 145 persoas asociadas e convidados e convidadas, entre as cales se contou coa presenza dos xornalistas Manuel Barros, de España Exterior, e Feliberto Carrie, de Galicia no Mundo.

Abrindo o acto, o presidente da sociedade, José Ramón Marín, pronunciou unhas palabras de benvida e felicitación a todos os asociados e as asociadas. Xa na parte cultural, contouse coa participación do grupo de baile da institución; así mesmo a socia Liana Fuentes deleitou ás e os asistentes cun repertorio entre o que destacou a Ave María nunha maxistral interpretación dun só de violín, e a tamén socia Duly Marín declamou varios poemas da súa propia autoría. Despois, contouse cunha roda de casino, interpretou o cantante Román Bambole varios números e pechouse o acto cunha nova intervención do grupo de baile, que deleitou a todas e todas cunha peza do repertorio folklórico galego. A condución do espectáculo estivo a cargo do actor da television cubana Teherán Aguilar Maura.

818 lecturas