Emigración ultima os detalles do traslado da delegación da Xunta de Bos Aires
Na xuntanza do secretario xeral co presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, sé da nova oficina, concretouse a súa posta en funcionamento para o mes de setembro.
O cambio a esta entidade de referencia reducirá os costos correntes nun 50% e fará desta Delegación no exterior un lugar máis accesible para os emigrantes galegos
No encontro avanzáronse novos proxectos de carácter recreativo e sociocultural que beneficiarán ao Centro, que conmemora este ano o seu 30º aniversario
O secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, xuntouse coa nova directiva do Centro Galicia de Buenos Aires, para ultimar, entre outros asuntos, o traslado da Delegación da Xunta na capital, que se fará efectiva no mes de setembro.
A sociedade recreativa, referencia para a comunidade galega na Arxentina, asumirá nas súas amplas instalacións- 14.500 m2- a oficina do goberno autonómico, de cara a reducir o seu custe operativo e mellorar a atención directa aos galegos do exterior, destinando parte dos aforros a proxectos sociais que os beneficien.
O compromiso fora asumido xa en Consello da Xunta, seguindo o plan de austeridade que defende o goberno autonómico. Con elo, búscanse evitar gastos innecesarios e fomentar políticas de aforro, que en ningún caso afecten o sostemento dos gastos sociais nin o correcto funcionamento da sanidade pública.
Así mesmo, no transcurso da xuntanza, esbozáronse novas liñas de colaboración no área recreativo, educativo e cultural, que defende a entidade, y especialmente destinadas á mocidade. Neste punto, subraiase a creación dunha escola de hostalaría que poña en valor o peso importante da influencia da restauración galega na Arxentina e que cree novas opcións de futuro para aos descendentes da comunidade galega.
Amplas instalacións
O Centro ten en propiedade 14.500 m2 nos que se integran, ademais do propio local social de Bartolomé Mitre, as instalacións do Colexio Santiago Apóstol, un campo de deportes e a finca de recreo Campo Galicia, na privilexiada zona da localidade de Los Olivos, nas aforas de Buenos Aires.
30º aniversario
O Centro Galicia de Buenos Aires nace en 1979, froito dos xa existentes centros coruñés, ourensán, lucense e pontevedrés coa finalidade prioritaria do irmanamento de todos os galegos e a exaltación dos valores propios e dunha identidade de orixe, desde a perspectiva recreativa, social e cultural. Así, no seu Estatuto Social recóllese entre os obxectivos e alcance da Institución a defensa da idiosincrasia galega; a aprendizaxe dos costumes e historia de Galicia e o fomento do espíritu da solidaridade e o traballo comunitario.
Referente para a comunidade galega
O grande número de socios- máis de 10.000- expresa a súa forza social na Arxentina, e fai deste un lugar de referencia da nosa diáspora en Buenos Aires. O seu peso vén avalado ademais por ter inscritas nas súas instalacións o Centro de Saúde e Deportes, en marcha desde 2004, a Oficina de Información xuvenil e a Oficina de información para o retorno, así como un Aula permanente de formación e cultura de Galicia, que desenvolve ata o presente un proxecto integral de extensión cultural e de formación que permite aos estudiantes da colectividade galega o achegamento ás súas orixes.
Noticias relacionadas



