Preguntas frecuentes - Programas de apoio infraestrutural 2013

Toda a documentación dos expedientes -especialmente a documentación xustificativa (facturas, xustificantes de pago das facturas, etc...)- deberá ser conservada polas entidades, e a disposición dos órganos de control das subvencións, durante un período mínimo de catro anos  (a non ser que xa fose remitida á Secretaría Xeral da Emigración).

  • Para poder ser anotada no Rexistro de entrada da Secretaría Xeral da Emigración, toda a documentación que remitan as entidades galegas deberá vir acompañada dun escrito (carta ou oficio), no que conste a descrición dos documentos que se achegan, e dirixido á Secretaría Xeral da Emigración, Basquiños, nº 2. 15704. Santiago de Compostela.
  • Tal como se indicou anteriormente, non se rexistrará a documentación que presenten por fax as entidades. Polo tanto, a documentación presentada por fax non terá validez ningunha aos efectos de constancia de presentación nin de cumprimento dos prazos.
  • Para axilizar a tramitación dos expedientes é imprescindible que, coa maior brevidade posible, se acheguen os documentos orixinais por correo postal ou mediante entrega directa.
  • É moi conveniente o contacto telefónico cos ou coas funcionarios/as da Secretaría Xeral da Emigración para resolver axilmente as dúbidas que xurdan na tramitación dos expedientes (Tel.: +34 981 545 833, +34 981 957 160).
  • A solicitude e a documentación que deba presentarse de acordo co disposto nestas bases, deberá ser asinada polo/s ou pola/s representante/s legal/is das entidades solicitantes.

Si.

  1. No momento de presentar a solicitude, no modelo de solicitude deberán indicarse as fontes de financiamento previstas das accións proxectadas.
  2. Así mesmo, coa documentación xustificativa, no Anexo V, as entidades deberán indicar as distintas fontes de financiamento que fosen utilizadas na realización das actuacións: fondos propios da entidade, subvención da Secretaría Xeral da Emigración, outras subvencións, outras fontes.

Tanto na fase de solicitude como na fase de xustificación, os requirimentos deben ser atendidos na súa totalidade e nos prazos establecidos.

De acordo co establecido nas resolucións de convocatoria, o prazo de 10 DÍAS establecido nos requirimentos computarase desde a publicación do requirimento no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web GaliciaAberta - http://emigracion.xunta.es (en concreto, no apartado Listas a convocatorias).

Enviarase unha única comunicación aos correos electrónicos das entidades, na que se lles avisará da publicación do requirimento.

No caso de non achegar a entidade nese prazo toda a documentación requirida teráselle ben por desistido da súa solicitude ou ben, no caso da xustificación, perderá o dereito ao cobro da subvención concedida.
 

Os prazos fixados na convocatoria deberán cumprirse estritamente.

  • O prazo para presentar as solicitudes será de un mes, contado a partir do día seguinte á publicación das convocatorias no Diario Oficial de Galicia (DOG). É dicir, na convocatoria de diversos programas de actuación (programas 1 e 2) o prazo vence o próximo 16 de maio, e na convocatoria de programas de apoio infraestrutural (programas A e B) o prazo vence tamén o próximo 27 de maio.
  • E para presentar a documentación xustificativa de ter realizadas as actuacións subvencionadas o prazo vencerá o 31 de outubro de 2013, agás que a Secretaría Xeral da Emigración outorgue unha ampliación do devandito prazo
  • Así mesmo, os prazos dos requirimentos efectuados ás entidades pola Secretaría Xeral da Emigración, tanto na fase de solicitude como na fase de xustificación, deberán de cumprirse estritamente.

Si. As entidades deberán realizar as accións que aparezan na solicitude presentada na súa totalidade, tanto nas finalidades como nos importes. A segunda solicitude reformulada presentada pola entidade (sempre que mereza a conformidade da Secretaría Xeral da Emigración) ou a primeira (se non se houbese presentado a reformulación ou esta non fose aceptada), deberá ser executada íntegramente, ao 100 %.

Se a entidade non executase na súa totalidade, tanto nas finalidades como nos importes, as accións que consten ben na solicitude reformulada (no caso de presentarse esta) ou ben na primeira solicitude (no caso de que non se optase pola reformulación), o pago da subvención sería proporcional, minorándose en proporción á cantidade xustificada.

Polo tanto, con independencia da subvención que lle poida conceder a Secretaría Xeral da Emigración, é moi importante que as entidades non inclúan nas súas solicitudes nin máis accións nin máis gasto do que realmente vaian realizar antes do 31 de outubro de 2012.

Igual que en anos anteriores, nestas dúas convocatorias de subvencións para o exercicio 2013 dirixidas ás entidades galegas no exterior inclúese a posibilidade de que a Secretaría Xeral da Emigración inste ás entidades para que reformulen as súas solicitudes, á vista das propostas de resolución provisionais. Aínda que cando chegue ese momento da reformulación se lles pasará información ao respecto a todas as entidades, a continuación infórmaselles brevemente da reformulación:

Para presentar a reformulación as entidades deberán cubrir na súa totalidade o Anexo III, xunto cunha memoria explicativa.

a) De acordo co establecido no art. 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe da subvención de cada proxecto na proposta de resolución provisional sexa inferior ao que figura na solicitude presentada, a Secretaría Xeral da Emigración poderá instar á entidade beneficiaria a reformulación da súa solicitude para axustar os compromisos e as condicións á subvención outorgable.

b) En que consiste a reformulación?  A reformulación significa que,  no caso de que a proposta provisional de subvención da Secretaría Xeral da Emigración non sexa o importe solicitado nese programa pola entidade, senón un importe inferior, a entidade poderá presentar unha segunda solicitude (a reformulación), que modifique a primeira presentada, reducindo o custo das accións a realizar e polo tanto o importe do gasto total. Nesta reformulación deben especificarse os novos importes reducidos das actuacións concretas que se levarían a cabo.

c) Documentación que debe constar na reformulación.

-Modelo de solicitude do programa correspondente, debidamente asinado e cuberto nas súas dúas follas, que modifique a solicitude inicialmente presentada (Anexo III).
- Breve memoria e presuposto, asinado polos/as representantes legais da entidade, na que se describan con claridade as accións que se levarán a cabo (as incluídas na solicitude inicial), e o custo total e o de cada unha delas.

d) Cal debe ser o contido da solicitude reformulada? A solicitude reformulada presentada por unha entidade deberá obter a conformidade do órgano de valoración. E, para que iso ocorra, a reformulación presentada deberá respectar o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención e da solicitude inicial. É dicir, esta segunda solicitude, aínda que pode reducir os importes monetarios  para adecuarse á proposta de subvención,  deberá manter as mesmas condicións da solicitude inicial en canto ás finalidades a realizar (as finalidades deben ser as mesmas que estean incluídas na solicitude inicial) e en canto as fontes de financiamento (deberán manterse integramente as previstas na primeira solicitude).

e) Como se efectúa a comunicación ás entidades? A realización da comunicación ás entidades para que reformulen as súas solicitudes efectuarase por medio de publicación no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web GaliciaAberta - http://emigracion.xunta.es. A eficacia das citadas comunicacións será a partir das devanditas publicacións, computándose desde entonces o prazo de dez días.

Así mesmo, con esa mesma data e nun só intento, a Secretaría Xeral da Emigración remitirá ao enderezo de correo electrónico das entidades, sempre que este conste na solicitude, unha comunicación dando conta da realización desta publicación e dos importes propostos en cada un dos programas nos que se presentase solicitude.

f) Prazo.  As entidades solicitantes terán un prazo de dez días, que se computará desde a data de publicación destas comunicacións na devandita páxina web, para remitir á Secretaría Xeral da Emigración a reformulación das súas solicitudes para o seu análise.  No caso daquelas entidades que non respondan nese prazo, entenderase que aceptan o importe da subvención que apareza na proposta de resolución provisional.

Non, pero si conservar nos seus arquivos tanto as facturas como os xustificantes de pago das mesmas.

a) Non remitir as facturas

Este ano, cando presenten a documentación xustificativa en calquera dos programas incluídos nestas convocatorias, as entidades NON deberán remitir as facturas que acrediten o gasto realizado nin os xustificantes que acrediten o pago das mesmas, xa que están acollidas á xustificación simplificada. Agora ben, cando presenten a xustificación as entidades deberán anotar os datos de cada unha das facturas no Anexo IV: a data, a data de pago, o seu número, o nome completo da empresa emisora, o concepto e o importe total de dita factura.

Para que poidan ser admitidas na xustificación que presente unha entidade, as facturas que acrediten os gastos realizados deberán conter todos os datos e requisitos necesarios para a súa validez. Esas facturas válidas, así como os xustificantes que acrediten a realización dos pagos das mesmas (notas das transferencias bancarias e/ou recibos válidos), deberán ser conservados polas entidades beneficiarias nos seus arquivos durante catro anos, á disposición da Secretaría Xeral da Emigración e dos órganos de control.

b) Pagos das facturas

Así pois, é imprescindible que as entidades conserven nos seus arquivos, ademais das facturas, os orixinais dos documentos acreditativos do pago de cada factura. Os órganos que realicen as comprobacións e os controis dos expedientes non só van esixir que as actuacións subvencionadas estean realizadas e debidamente xustificadas con facturas correctas, senón que ademais estean pagadas e que se acredite este pago.

Este pago deberá acreditarse debidamente, mediante transferencia bancaria ou “mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados polo beneficiario”, de acordo co establecido no Regulamento da Lei de subvencións de Galicia. Con carácter excepcional, aceptarase a xustificación do pago mediante recibo do provedor para gastos por importes inferiores a 1.000 € (para a súa validez, estes recibos deberán conter polo menos os seguintes datos: data, sinatura, nome e apelidos do asinante, o seu NIF, o cargo que ocupa na empresa ou entidade á que representa). 

IMPORTANTE: Tanto as facturas como os xustificantes de pago das mesmas deberán ter data do ano 2013, e anterior ao 31 de outubro de 2013.
 

Non. Debido á nova normativa sobre rexistros, este ano non se poderá rexistrar nin as solicitudes nin a documentación que presenten por fax as entidades. Polo tanto, a documentación presentada por fax non terá validez aos efectos de constancia de presentación nin de cumprimento dos prazos.

Aos únicos efectos de axilizar a xestión dos expedientes, é conveniente que, especialmente as entidades de fóra de Europa, adianten por fax a documentación que estean remitindo por correo postal certificado, para que se teña constancia na Secretaría Xeral da Emigración e se poida ir analizándoa mentres non cheguen os orixinais por correo postal. Pero este adianto por fax non terá validez se non chegan os orixinais por correo postal e no prazo establecido.
 

Non. As accións referidas á prestación polas entidades de servizos socioasistenciais, que no ano anterior se podían incluír entre as finalidades subvencionables no programa 2, suprímense este ano.

Programa A

Si. O importe máximo dos investimentos para os que solicite subvención unha entidade ao amparo deste programa A, non poderá superar a contía de 30.000 € (no caso de que o orzamento do proxecto presentado superase ese importe, non se terá en conta o exceso, e deberá ser rectificado e reducido a esa cifra pola entidade solicitante).

Como consecuencia disto:
-Suprímese a obriga de presentar o proxecto e a licenza municipal para expedientes con un gasto superior a 80.000 €.
-Suprímese a obriga de presentar 3 orzamentos realizados por empresas, cando o investimento supere os 50.000 €.

Programa B

Non obstante, no programa B, cando o importe do gasto subvencionable, incluíndo a totalidade dos investimentos previstos, supere a contía de 18.000 euros deberanse achegar tres orzamentos de diferentes provedores, referidos a cada un dos equipamentos que se van adquirir.
 

Si. Primaranse as solicitudes que presenten aquelas entidades galegas de nova creación que acrediten, de acordo co establecido nos seus estatutos, que a súa constitución é o resultado da unión doutras ou con outras entidades galegas, que no seu día estivesen inscritas no rexistro de comunidades galegas da Secretaría Xeral da Emigración, sempre que esta unión tivera finalizado a partir do 1 de xaneiro de 2011.

Tamén, entre as finalidades do Programa 1 inclúense os gastos administrativos e legais derivados do proceso de unión. 
 

De acordo co establecido nas dúas resolucións de convocatoria, o importe da subvención concedida a unha entidade galega determinada, en calquera dos programas de subvencións, en ningún caso poderá ser superior a 30.000 €. En consecuencia, segundo a normativa vixente, o réxime de xustificación aplicable en todos os programas é o de xustificación simplificada, e, en base nese réxime, indícase a continuación a documentación que deberán presentar as entidades en cada programa, tanto na fase de solicitude como na fase de xustificación:

I.- CAL É A DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POR UNHA ENTIDADE NO MOMENTO DE REALIZAR UNHA SOLICITUDE NUN PROGRAMA CONCRETO?

1º) Documentación necesaria en cada un dos programas : 1, 2, A, B (no momento de presentar as solicitudes)

a) Solicitude, segundo o modelo normalizado que figura como anexo I ás resolucións de convocatoria.
b) Memoria descritiva das accións que a entidade solicitante prevexa realizar desde xaneiro ata outubro do ano 2013.
c) Orzamento/s detallado/s que recolla/n o custo previsto de realización de cada acción e de todas en conxunto para as cales solicita a subvención, desde xaneiro ata outubro do ano 2013.
Estes orzamentos deberán vir:
- asinados polos/as representantes legais da entidade (nos programas 1 e 2).
- realizados por empresas (nos programas A e B).
d) Fotocopia do NIF da entidade ou equivalente segundo o pais (CUIT, RIF, Cadastro…), sempre que non fose presentado con anterioridade.
e) Declaración do conxunto das subvencións solicitadas e/ou concedidas para a mesma finalidade para a cal se solicita a subvención, das distintas administracións públicas ou de organismos privados ou, se é o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo normalizado que figura como anexo II desta resolución.
f) Declaración expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (modelo anexo II).
g) Aquelas entidades que sexan o resultado dun proceso de unión, sempre que este tivera finalizado a partir do 1 de xaneiro de 2011, deberán acompañar copia compulsada da documentación que acredite este extremo.

2º) Documentación específica, necesaria soamente no programa que se indica (ademais da indicada no punto 1 anterior)

Programa 1
a) Copia cotexada do contrato oficial de aluguer do local que sirva de sede habitual e permanente da entidade solicitante, de non atoparse debidamente actualizado o exemplar que xa conste na Secretaría Xeral da Emigración.
b) Copia do xustificante de pagamento da mensualidade do aluguer do local, referida ao mes anterior á presentación da solicitude de subvención.
c) Copia dos xustificantes de pagamento e das facturas correspondentes aos gastos derivados do proceso de unión.

Programa A
a) No caso de restauracións, informe asinado por un/unha técnico/a competente.
b) Os beneficiarios que non teñan a súa residencia fiscal en territorio español deberán presentar: b1) certificado de residencia fiscal emitido polas autoridades competentes do seu país de residencia, e, b2)  unha declaración na que conste que a entidade solicitante se atopa ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e de Seguridade Social, e que non ten débedas pendentes coa Comunidade Autónoma de Galicia (esta declaración inclúese no anexo I).
c) No caso de non ser propietarios, copia do contrato oficial vixente de aluguer do local que sirva de sede habitual e permanente da entidade solicitante, ou de cesión do mesmo, a non ser que xa conste copia do mesmo na Secretaría Xeral da Emigración, e se faga constar así expresamente.

Programa B
a) Cando o importe do gasto subvencionable, incluíndo a totalidade dos investimentos previstos, supere a contía de 18.000 euros deberanse achegar tres orzamentos de diferentes provedores, referidos a cada un dos equipamentos que se van adquirir.
b) Os beneficiarios que non teñan a súa residencia fiscal en territorio español deberán presentar: b1) certificado de residencia fiscal emitido polas autoridades competentes do seu país de residencia, e, b2)  unha declaración na que conste que a entidade solicitante se atopa ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e de Seguridade Social, e que non ten débedas pendentes coa Comunidade Autónoma de Galicia (esta declaración inclúese no anexo I).

II.- ¿CAL É A DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POR UNHA ENTIDADE NO MOMENTO DE REALIZAR A XUSTIFICACIÓN DE TER REALIZADAS ÁS ACCIÓNS SUBVENCIONADAS, NUN PROGRAMA CONCRETO?

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das accións realizadas e dos resultados obtidos, indicando o custo de cada acción.
b) Relación clasificada dos gastos e investimentos das accións realizadas, con identificación do nome completo do acreedor, do nº do documento, o seu concepto, o seu importe, a data de emisión e a data de pago (pódese utilizar o modelo que figura como Anexo IV).
c) Un detalle doutros ingresos ou subvencións que financiasen a acción subvencionada, segundo o modelo normalizado que figura como Anexo V.
d) Declaración do conxunto de todas as subvencións solicitadas e/ou concedidas, para o mesmo proxecto para o que se solicita a subvención, das distintas administracións públicas ou de organismos privados ou, de ser o caso, unha declaración de que non ten solicitadas nin percibiu outras axudas ou subvencións (pode usarse o modelo que figura como Anexo V a esta resolución).
e) As entidades beneficiarias con sede social en España deberán acreditar que se encontran ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas, e de Seguridade Social, así como que non teñen débedas pendentes coa Comunidade Autónoma de Galicia.
Por outra parte, as entidades beneficiarias con sede social fóra de España deberán remitir unha declaración responsable do cumprimento desas obrigas (e para elo poden usar o modelo que figura como Anexo V nas resolucións).
f) No seu caso, carta de pago de reintegro no suposto de remanentes non aplicados, así como de intereses derivados destes.

III. MOSTRAXE (comprobación “a posteriori” pola Secretaría Xeral da Emigración dos xustificantes)

A Secretaría Xeral da Emigración a través das técnicas de mostraxe que se determinen polo secretario xeral da Emigración e de acordo cos requisitos que para estes efectos determine a Consellería de Facenda, comprobará os xustificantes que considere oportunos e que permitan obter evidencia razoable sobre a adecuada aplicación da subvención. Para este fin, aos beneficiarios que sexan elixidos poderáselles requirir a remisión dos xustificantes de gasto seleccionados.

I.- Resolución  de programas de actuación en favor das comunidades galegas:

  • Programa 1. Axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior.
  • Programa 2. Axudas ás entidades galegas no exterior para proxectos culturais, promovidos pola xuventude e accións informativas

(este programa engloba os catro programas do ano anterior referidos ás finalidades que se indican no título)

(Respecto ao ano anterior suprímese no programa 2, como finalidade subvencionable, as accións socioasistenciais que realicen as entidades galegas no exterior)

II.- Resolución  de programas de apoio infraestrutural en favor das comunidades galegas:

  • Programa A. Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións
  • Programa B. Axudas a entidades galegas no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos.

(Os investimentos que realicen as entidades nas súas bibliotecas poderán ser incluídos no programa A ou B, segundo corresponda pola súa finalidade).
 

A) Modelo único de solicitude en cada convocatoria. Este ano, para os dous programas incluídos en cada unha das dúas convocatorias, o modelo para que unha entidade presente as súas solicitudes é único (Anexo I). Cada entidade solicitante deberá cubrir nos apartados “Finalidade e importe” e “Custo das accións” o que corresponda ao programa que, en cada caso,  queira solicitar. 

B) Chegado o momento de presentar as reformulacións das súas solicitudes, o modelo para que unha entidade presente as súas solicitudes reformuladas tamén é único (Anexo III).

C) Pero os outros anexos, Anexo II, Anexo IV e Anexo V (referidos respectivamente ás declaracións na fase de solicitude, a relación de facturas e ás declaracións na fase de xustificación), deben ser cubertos polas entidades solicitantes individualmente para cada programa solicitado (un anexo para cada un dos programas), indicando no recadro correspondente a que programa corresponde en cada caso.