Bos Aires Celebra Galicia 2017

Av. de Mayo
Arxentina
34° 36' 30.5748" S, 58° 22' 24.4596" W
Bos Aires Celebra Galicia 2017
1742 lecturas

Bos Aires Celebra Galicia Pórtico Universal 2015

Dentro do proxecto que leva a cabo o Goberno da Cidade de Bos Aires dende o ano 2009 co obxectivo de homenaxear a todas as colectividades emigrantes asentadas en Bos Aires, a nosa terra será -por cuarto ano consecutivo- protagonista na Capital Federal arxentina, mostrando a nosa cultura, costumes e identidade no "Bos Aires Celebra Galicia", que na presente edición leva a epígrafe 'Polos recunchos galegos'.

Nesta cita da primavera austral de 2017 tamén estará presente o stand do Galicia Pórtico Universal -o programa da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia que está a achegar a nosa terra a diversas cidades de España e do mundo- e as cidadás e os cidadáns de Bos Aires que se acheguen á Avenida de Mayo poderán coñecer máis sobre a nosa artesanía, gastronomía e oferta turística, e na que como cada ano serán protagonistas desta celebración as entidades galegas (chegadas de toda a Arxentina e países veciños), e cos galegos e as galegas da nosa colectividade como embaixadores e embaixadoras da Calidade de Galicia.

Socios Colaboradores

Secretaría Xeral da Emigración Consellería do Medio Rural e do Mar Xacobeo Artesanía de Galicia Galicia
  Comunidad Galega en Argentina Buenos Aires Ciudad  
1742 lecturas