Liñas de axuda

Ex. 01.10.2019
Ex. 01.10.2019
  • 166 Programa de axudas ao alugamento de vivendas do plan estatal de vivenda 2018-2021
    Este programa consiste en dúas liñas de axudas co obxecto de facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos.
    LIÑAS DE AXUDAS E CONTÍA As persoas beneficiarias deste programa poderán acceder ás seguintes liñas de axudas: Liña A: a súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda, en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos. A contía da axuda varía en función do grupo... Máis información
    Procedemento aberto
  • 166 Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas e dos/as seus/súas descendentes na Comunidade Autónoma Galega para o ano 2019
    Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
    Obxecto: Promover o retorno das persoas galegas retornadas a través do fomento do autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes na Comunidade Autónoma galega, subvencionando o seu establecemento como traballadores/as autónomos/as ou por conta propia... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Axudas para a participación no Programa “Campos de voluntariado”, no ano 2019
    Información do programa “Campos de traballo”, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas galegas e que residan no exterior e instrucións para a cumprimentación dos formularios de inscrición.
    Obxecto: Facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares. Requisitos esenciais dos/as participantes: mozos e mozas de entre 20 e 30 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos/as en Galicia ou descendentes de persoas emigrantes... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Axudas de emerxencia social. Ano 2019
    Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
    Obxecto e finalidade das axudas: Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases  polas que se rexerá a concesión de  axudas dirixidas a persoas emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega residentes no exterior, que carezan dos recursos económicos necesarios para atender situacións... Máis información
    Procedemento aberto
  • 153 Axudas do programa "Reencontros na Terra" para residentes no exterior. Ano 2019
    Información do programa e formularios de inscrición.
    Obxecto e finalidade das axudas: Este programa ten por obxecto promover o contacto de galegas e galegos residentes no exterior coa súa terra, mediante un período de estadía en residencia e coas súas familias, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia. Prazas convocadas: A asignación do... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Programa de axudas para a participación no Programa “Aventúrate con Galicia”, no ano 2019
    Información do programa “Aventúrate con Galicia”, actividades dirixidas a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos/as que residan no exterior e formularios para a inscrición.
    Obxecto: Facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos/coas seus/súas familiares. Requisitos esenciais dos/as participantes: mozos e mozas de entre 15 e 17 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos/as en Galicia ou descendentes de persoas... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Programa de axudas para a participación no Programa “Conecta con Galicia”, Actividades de Aire Libre no ano 2019
    Información do programa “Conecta con Galicia”, actividades de aire libre dirixidas a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegas e galegos e que residan no exterior e formularios para a inscrición.
    Obxecto: Facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos/coas seus/súas familiares. Requisitos esenciais dos/as participantes: mozos e mozas de entre 15 e 20 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos/as en Galicia ou descendentes de persoas... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Escolas Abertas 2019
    Información e formularios de inscrición.
    Modalidades dos obradoiros Gaita tradicional galega Baile tradicional galego Percusión tradicional galega Canto popular e pandeireta Confección de traxe tradicional galego Formación de persoal directivo das entidades galegas do exterior Destinatarios/as Persoal directivo e docente das... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Programa de viaxes "Reencontros na Casa" para residentes no exterior 2019
    Información do programa e formularios de inscrición.
    Correo-e para solicitar información: accion.social.emigracion@xunta.gal Obxecto e finalidade das axudas: O programa “Reencontros na Casa” está orientado a promover o contacto de galegos e galegas residentes no exterior coa súa terra e coas súas familias, fortalecendo así os vínculos de unión con... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Obradoiros de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega. Ano 2019
    Información e formularios de inscrición.
    Obxecto A Secretaría Xeral da Emigración, co obxectivo de potenciar os costumes e tradicións galegas e posibilitar que as persoas galegas que residen no exterior manteñan os vínculos coa cultura de Galicia, convoca distintos obradoiros formativos de folclore, artesanía, cociña e seminarios de... Máis información
    Procedemento pechado

Páxinas