Liñas de axuda

Ex. 14.12.2019
Ex. 14.12.2019
  • 166 154 Programa Formativo Labores Básicas en Granxa Porcina da Fundación Galicia Emigración
    A Fundación Galicia Emigración desenvolve en Xinzo de Limia (Ourense), un Programa Formativo de Labores Básicas en Granxa Porcina, no que participarán un total de 15 emigrantes retornados e inmigrantes, co obxectivo de proporcionar unha capacitación laboral que favoreza a súa inserción laboral e promoción profesional. Descargue aquí os formularios de inscrición.
    Descripción: Programa Formativo que capacita para a realización das tarefas necesarias para o mantemento e coidado dunha granxa porcina. Beneficiarios: Emigrantes retornados e inmigrantes. Duración: A duración será de 90 horas lectivas (20 horas de teoría e 70 horas de prácticas). Contidos: I... Máis información
    Procedemento pechado
  • 166 154 Programa Formativo no Sector da Hostalaría da Fundación Galicia Emigración
    A Fundación Galicia Emigración desenvolve en 4 localidades galegas (Cambados, Sanxenxo, Silleda e Pontevedra), un Programa Formativo no sector da HOSTALARÍA onde se desenvolverán catro cursos nos que participarán un total de 60 emigrantes retornados e inmigrantes, co obxectivo de proporcionar unha capacitación laboral que favoreza a súa inserción laboral e promoción profesional. Descargue aquí o formulario de inscrición.
    Curso de Camareiro en Cambados (Pontevedra). Curso de Camareiro/a de Piso en Sanxenxo (Pontevedra). Curso de Camareiro/a de Piso en Silleda (Pontevedra). Curso de Recepcionista (Pontevedra).   1.- Curso de camareiro en Cambados (Pontevedra). Descrición: Programa Formativo capacite... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Xornadas dirixidas a Xóvenes Galegos e descendentes residentes no Uruguai
    Convocatoria do "Centro Gallego de Montevideo". Descarga aquí o Formulario de inscrición nas Xornadas, a celebrar en Montevideo do 22 ao 24 de outubro de 2010.
    Denominación: Xornadas dirixidas a Xóvenes Galegos e descendentes residentes no Uruguai Lugar de celebración: Montevideo Datas de celebración: 22, 23 e 24 de outubro de 2010 Solicitudes de inscrición: Descargar e cubrir este formulario (picar aquí para descargar) e remitilo a: por e-mail a:... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Congreso da Xuventude Galega e descendentes residentes en Venezuela
    Convocatoria da "Hermandad Gallega de Venezuela". Descarga aquí o Formulario de inscrición no Congreso, a celebrar do 19 ao 21 de novembro de 2010 en Caracas.
    Denominación: Congreso da Xuventude Galega e descendentes residentes en Venezuela Finanzamento: a Hermandad Gallega de Venezuela asume os gastos de desprazamento, aloxamento e manuteción dos participantes residentes noutras cidades de Venezuela. Lugar de celebración: Caracas Datas de celebración:... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior
    A matrícula, desprazamento, aloxamento e manutención dos participantes é gratuíta. Descarga aquí o Formulario de inscrición no Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior, a celebrar polo Centro Galego Nürnberg do 5 ao 7 de novembro de 2010.
    Denominación: Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior. Finanzamento: o Centro Galego de Nürnberg asume os gastos de desprazamento, aloxamento e manuteción dos participantes procedentes de toda Europa. Lugar de celebración: Nürnberg. Datas de celebración: 5, 6 e 7 de novembro de 2010... Máis información
    Procedemento pechado
  • 166 154 Seminario de Planificación de Novos Proxectos Empresariais
    A Fundación Galicia Emigración, en colaboración con BIC Galicia (Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia), abre o prazo de inscrición do Seminario sobre Creación de novos proxectos empresariais, que terá lugar en Ourense,destinado a inmigrantes residentes en Galicia e emigrantes retornados con inquedanzas emprendedoras. Aquí pode descargar o formulario de inscrición.
    Obxetivo: Analizar e planificar o futuro negocio do emprendedor, facendo diversas tareas que faciliten a posterior elaboración dun Plan de Empresa. Para esto é necesario: Coñecer os conceptos básicos necesarios para a elaboración do Plan de Negocio. Deseñar e elaborar o Proxecto de Empresa... Máis información
    Procedemento pechado
  • 166 154 Programa Formativo de Alfabetización Informática da Fundación Galicia Emigración
    A Fundación Galicia Emigración desenvolve en 15 localidades galegas, un Programa Formativo de ALFABETIZACION INFORMÁTICA, onde participarán un total de 225 emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia, co obxectivo de proporcionar unha capacitación prelaboral que favoreza a súa inserción laboral e promoción profesional. Descargue aquí o formulario de inscrición. AVISO: Foron modificadas as datas de inscrición e impartición do curso a celebrar en O Porriño.
    Descrición: Programa Formativo que capacita para o manexo dun ordenador, obtendo e procesando información e utilizando as funcións básicas do procesador de textos WORD XP. Beneficiarios: Emigrantes retornados e inmigrantes.. Duración: A duración será de 25 horas lectivas, que desenvolveranse de... Máis información
    Procedemento pechado
  • 166 154 Programa Formativo de Informática Básica da Fundación Galicia Emigración
    A Fundación Galicia Emigración desenvolve en Santiago de Compostela, un Programa Formativo de INFORMÁTICA BASICA, co obxectivo de proporcionar unha capacitación prelaboral que favoreza a inserción laboral e a promoción profesional dos emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia, preferentemente con discapacidade. Aquí pode descargar o formulario de inscrición.
    Descrición: Programa Formativo que capacita no manexo das ferramentas básicas do ordenador e doutros programas de xestión. Beneficiarios: Emigrantes retornados e inmigrantes. Terán preferencia para participar neste Programa, aquelas persoas inmigrantes ou emigrantes retornadas con discapacidade.... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior
    Publicación do formulario de inscrición para a participación no Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior, a celebrar polo Centro Galego Nüremberg do 24 ao 26 de setembro de 2010.
    Denominación: Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior Lugar de celebración: Nüremberg Data de celebración: 24, 25 e 26 de setembro de 2010 Data límite de inscrición: 12 de setembro de 2010 Solicitudes de inscrición: Descargar e cubrir este formulario e remitilo a: por e-mail a:... Máis información
    Procedemento pechado
  • 153 Cursos preparatorios de Lingua Galega para os niveis Celga e de extensión cultural 2010-2011.
    Información e formularios de inscrición nos cursos preparatorios de lingua galega, para os niveis Celga e de extensión cultural, para galegos residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia.
    Cursos convocados: Os cursos convocados son os seguintes: a) Cursos de lingua galega e de extensión cultural nos centros galegos e entidades sen ánimo de lucro, radicadas fóra de Galicia, interesadas no coñecemento da lingua e cultura galega. b) Galego na túa cidade. Cursos de lingua galega... Máis información
    Procedemento pechado

Páxinas