Liñas de axuda
Buscador
-
166 154
Programa Formativo de Alfabetización Informática da Fundación Galicia Emigración
A Fundación Galicia Emigración desenvolve en 15 localidades galegas, un Programa Formativo de ALFABETIZACION INFORMÁTICA, onde participarán un total de 225 emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia, co obxectivo de proporcionar unha capacitación prelaboral que favoreza a súa inserción laboral e promoción profesional. Descargue aquí o formulario de inscrición. AVISO: Foron modificadas as datas de inscrición e impartición do curso a celebrar en O Porriño.Procedemento pechado
-
166 154
Programa Formativo de Informática Básica da Fundación Galicia Emigración
A Fundación Galicia Emigración desenvolve en Santiago de Compostela, un Programa Formativo de INFORMÁTICA BASICA, co obxectivo de proporcionar unha capacitación prelaboral que favoreza a inserción laboral e a promoción profesional dos emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia, preferentemente con discapacidade. Aquí pode descargar o formulario de inscrición.Procedemento pechado
-
153
Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior
Publicación do formulario de inscrición para a participación no Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior, a celebrar polo Centro Galego Nüremberg do 24 ao 26 de setembro de 2010.Procedemento pechado
-
153
Cursos preparatorios de Lingua Galega para os niveis Celga e de extensión cultural 2010-2011.
Información e formularios de inscrición nos cursos preparatorios de lingua galega, para os niveis Celga e de extensión cultural, para galegos residentes no exterior e persoas interesadas no idioma e na cultura de Galicia.Procedemento pechado
-
153
Bolsas para a realización de estudios universitarios e de formación profesional 2009
Resolución do 25 de xuño de 2009, da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, pola que se establecen e se regulan os programas de becas destinados aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudios universitarios e de formación profesional durante o curso académico 2009-2010.Procedemento pechado
-
153
Cursos de lingua galega na túa cidade 2009
Durante o ano 2008, a Secretaría Xeral de Emigración detectou un importante número de persoas interesadas no coñecemento e estudo da lingua galega non vinculados a centros galegos, polo que se considera que deben manterse os cursos que se veñen realizando nos centros, ao tempo que se debe ampliar a oferta a aquelas persoas interesadas no estudo da lingua galega non vinculadas a centros galegos.Procedemento pechado
-
153
Escolas Abertas Presenciais 2009
Os distintos programas convocados dentro das Escolas Abertas no Exterior 2009 terán lugar simultaneamente en diferentes países (Arxentina, Uruguai e Venezuela).Procedemento pechado
-
153
Bolsas para a prórroga da realización de estudos universitarios oficiais conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico en Galicia no curso académico 2013-2014
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
-
153
Seminarios de baile, música, obradoiros artesanais e cociña galega. Ano 2011.
Información e Formularios de Inscrición. A Secretaría Xeral da Emigración co obxectivo de potenciar os costumes e tradicións galegas e posibilitar que os galegos que residen no exterior manteñan os vínculos coa cultura de Galicia convoca distintos seminarios formativos de baile, música tradicional, obradoiros artesanais e cociña galega, que se realizarán nas entidades galegas do exterior, de xeito que se manteña viva a nosa identidade e se promocione a nosa cultura na Galicia exterior.
-
166 154
Programas Formativos no Sector Agroforestal da Fundación Galicia Emigración
A Fundación Galicia Emigración desenvolve en 5 localidades galegas un Programa Formativo no sector AGROFORESTAL onde se desenvolverán catro cursos diferentes nos que participarán un total de 75 emigrantes retornados e inmigrantes, co obxectivo de proporcionar unha capacitación laboral que favoreza a súa inserción laboral e promoción profesional. Descargue aquí os formularios de inscrición.
Páxinas |