O Foro de consumo destinado a inmigrantes dará a coñecer á poboación extracomunitaria os seus dereitos coma usuarios

Informarase e asesorasase a este “colectivo vulnerable” acerca de procedementos de reclamación e denuncia.

As materias impartidas na xornada atenden aos dereitos dos consumidores- “Información publicidade e prezos”- á contratación a distancia e telefonía e produtos bancarios básicos para o colectivo.

Tralas xornadas celebradas en Sanxenxo celébranse hoxe en Ribadavia. Terá continuidade nas localidades de Ribeira e Lugo.

Listen to this page using ReadSpeaker
23 de novembro de 2009.

O subdirector xeral do Retorno e da Inmigración, da Secretaría Xeral de Emigración, Antonio Aguarón, e a directora do Instituto Galego de Consumo- da Consellería de Economía e Industria-, Nava Castro, veñen de inaugurarar unha nova xornada do "Foro de Emigración e Consumo: Tí tamén es consumidor, defende os teus dereitos" que pretende favorecer o coñecemento por parte do colectivo inmigrante dos seus dereitos como consumidores e facilitarlles tamén as canles axeitadas de xestión en caso de reclamacións.

A través do "Foro de Emigración e Consumo" se están a divulgar programas de acollida que inclúen proxectos de introducción á sociedade de acollida no eido da información, orientación en materia de consumo, así como proxectos educativos sobre as características do mercado en Galicia e a posición dos consumidores e usuarios.

As materias impartidas na xornada atenderon “Os dereitos dos consumidores, información publicidade e prezos”, “A contratación a distancia e telefonía” e “Produtos bancarios básicos para o inmigrante”, que foron titorizadas por Jose Mª Ponte, Raquel Goyanes e Joaquín Alvarez Domato, respectivamente, expertos en consumo.

Dispor de axeitada información no relativo aos dereitos do consumidor e aos procedementos de reclamación e denuncia nos servizos máis específicamente dirixidos ao colectivo- contratación a distancia de telefonía móbil, produtos bancarios básicos ou envío de remesas- resulta básico no momento de chegar á sociedade de acollida e favorecer a súa integración social.

A xornada se enmarca nas actividades formativas e informativas do programa do "Foro de Emigración e Consumo" que a Xunta de Galicia está a desenvolver en diferentes cidades e vilas de todo o territorio galego. A primeira xornada tivo lugar no municipio de Sanxenxo e continuarase en Ribeira e Lugo, onde se contará coa colaboración das asociacións de consumidores con implantación nas distintas localidades.

Estiveron, así mesmo, presentes no acto de apertura o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez e a presidenta da Asociación de Consumidores do Ribeiro- ACUR, Isabel Garrido Blanco.

1577 lecturas