A FGE apoia a creación e posta en marcha de empresas para inmigrantes e retornados alí onde os forma

O seminario para a creación de novos proxectos de empresa dará comezo o 15 deste mes en Vigo é totalmente gratuito

Nel analizarase como detectar as oportunidades de negocio e como converter un proxecto nunha empresa

O ciclo de seminarios organízase en colaboración co BIC Galicia, coa fin de crear emprego pola vía da creación e o mantemento sostido de novas empresas.

Listen to this page using ReadSpeaker

A FGE, en colaboración con BIC Galicia, abre o prazo de inscripción para un novo seminario para a creación de novos proxectos de empresas destinado a inmigrantes residentes en Galicia e emigrantes retornados.No curso- de 35 horas lectivas, ademais de asesoramento para os proxectos- axentes especializados analizarán como detectar as oportunidades de negocio e como converter un posible proxecto nunha empresa. Polo que o seminario é de especial axuda para aqueles emprendedores que teñan unha idea de negocio desenvolvida con anterioridade, e posúan un esbozo cuantitativo da mesma.Entre os obxectivos do curso, totalmente de balde para os interesados, analizarase e planificarase o futuro negocio do emprendedor o que supón a elaboración dun plan de negocio e contrastar a viabilidade económica financiera do proxecto empresarial.Co apoio destas iniciativas emprendedoras a Fundación Galicia Emigración busca mellorar o perfil do emprendedor- desde a súa polivalencioa e empregabilidade- e a súa posterior integración no mercado laboral galego, polo que apoia a creación e posta en marcha de empresas nas zonas xeográficas onde se desenvolvan estes seminarios.O ciclo de seminarios organízase en colaboración co BIC Galicia, coa fin de crear emprego pola vía da creación e o mantemento sostido de novas empresas levadas a cabo por inmigrantes e emigrantes retornados con algún interese en emprender unha actividade empresarial.A data límite de inscripción é o xoves, 10 de setembro. Os interesados han de dirixirse á Fundación Galicia Emigración:

Fundación Galicia Emigración

Rúa do Vilar, 15. 15705 Santiago de Compostela (España)

T: 0034 981 554463 - Fax: 00346 981554612

autoemprego@fundaciongaliciaemigracion.es.

www.fundaciongaliciaemigracion.es

O curso celebrarase en horario de tarde no Centro Cultural Caixanova de Vigo entre o 15 de setembro e o 15 de outubro.

2651 lecturas