Publicación dos requerimentos de emenda para as solicitudes de axudas para o financiamento dos gastos das entidades galegas do exterior (Programa 5)

Listen to this page using ReadSpeaker
1577 lecturas
Publicación das listas de entidades galegas que deben enmendar as solicitudes de axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das mismas.
Estado: 
Procedemento pechado

Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro do Programa 5. Axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior da Resolución do 17 de xuño de 2009 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009 (D.O.G. nº 121, do 23/06/2009), e de acordo co establecido no artigo 42.3 da devandita resolución, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda.

De acordo co establecido no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de non emendar a falta ou achegar a documentación requirida no prazo antedito, se terá por desistida á entidade da súa solicitude, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral de Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60.

Nas solicitudes de información deberá indicarse o medio elixido para a súa contestación, así como o número de expediente, que servirá como contrasinal persoal que permita a identificación como interesado no procedemento.

As contestacións terán un carácter meramente informativo para o solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición. Esta publicación realizarse simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral de Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com.

Descargar listado

Nota: A documentación requirida deberá ser presentada en orixinal ou copia compulsada

Data de publicación: 
18.08.2009
Data fin de prazo: 
29.08.2009
Documentación asociada
Documentación asociada
Descargar listado48.66 KB