Mozos descendentes de galegos reciben formación en TIC'S con garantías de favorecer o seu traballo e inserción en Galicia

O Programa Formativo de alta capacitación no sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación é organizado pola Fundación Galicia Emigración.

O subdirector xeral de Centros e Comunidades Galegas, da Secretaría Xeral da Emigración, clausurou o II Proxecto TIC, que se levou a cabo paralelamente en Bos Aires e Montevideo.

Esta acción pretende proporcionar unha formación especializada que favoreza a inserción laboral en Galicia dos que decidan retornar, a través de formación nun sector con grandes posibilidades de emprego.

Listen to this page using ReadSpeaker
14 de agosto de 2009.

O subdirector xeral de Centros e Comunidades Galegas, da Secretaría Xeral da Emigración, Andrés Castro Bande, clausurou en Vigo o II Proxecto TIC: Programa Formativo no campo das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, organizado pola Fundación Galicia Emigración e financiada pola Dirección General de la Ciudadanía Española en el Exterior, e que contou, ademais, coa presenza de Jorge Cebreiros Arce, como Presidente do INEO- Asociación multisectorial das novas tecnoloxías da información e da comunicación de Galicia-.

Andrés Castro, xunto a Jorge Cebreiros cos alumnos do Proxecto

Este programa de formación iniciouse o pasado mes de xuño cunha primeira etapa de selección e formación na que participaron 30 mozos emigrantes e descendentes con estudos previos ou experiencia profesional neste ámbito. O II Proxecto TIC, levouse a cabo paralelamente en Bos Aires e Montevideo proporcionando a capacitación necesaria para “cubrir futuras demandas de traballo nos postos de consultor analista informático e de consultor programador nas empresas que forman parte da Fundación, así como naquelas que estean vinculadas directa ou indirectamente ás anteriores”, precisou Andrés Castro.

Os 15 alumnos que superaron con éxito esta primeira fase teórica- 7 procedentes de Uruguai e 8 de Argentina- viñeron a Galicia para realizar prácticas laborais non remuneradas en empresas do sector das TIC´s e que forman parte da Asociación empresarial INEO. Para elo, a Fundación financiou aos participantes, ademais do custe da realización da formación práctica en España, os gastos da viaxe, aloxamento e manutención.

Por parte do subdirector xeral de Centros e Comunidades Galegas, da Secretaría Xeral da Emigración, se fixo mención especial á oportunidade que representa a realización de prácticas en Galicia para coñecer a realidade do mercado laboral galego e específico neste ámbito do Sector das Tecnoloxías da Información e da Comunicación “sector que conta cun importante desenrolo en Galicia e que demanda de profesionales especializados”, sinalou o subdirector xeral. Así mesmo, preténdese desde a Fundación planificar e decidir un posible retorno a España con garantías de éxito “daqueles que queren realizar o seu proxecto de vida na nosa terra”, apuntou Castro Bande; e por suposto o fortalecemento da vinculación de Galicia cos descendentes de emigrantes.

2289 lecturas