Programa de Formadores Colaboradores 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
1953 lecturas
A Secretaría Xeral de Emigración convoca as listas de formadores colaboradores para impartir seminarios fóra de Galicia, para emigrantes galegos e os seus descendentes nas especialidades de folclore tradicional galego e cociña tradicional galega.
Estado: 
Procedemento pechado

Nome do programa: Convocatoria de listas de formadores colaboradores 

Destinatarios: Poderán solicitar a súa inscrición como formador as persoas que posúan unha titulación e/ou experiencia profesional, competencia pedagóxica na/s área/s formativa/s, e reúnan os seguintes requisitos:

  1. Para os formadores que se inscriban nas actividades de folclore:
  • Estar en posesión da titulación oficial ou acreditar coñecementos suficientes que garantan de maneira fidedigna un alto grao de cualificación nas materias das cales aspiran a ser formadores.
  • Experiencia profesional: posuír experiencia profesional nas materias que se van impartir, tales como dirixir ou ser membro de grupos de baile, bandas de música.
  • Experiencia docente acreditada en organismos públicos ou privados.
  1. Para os formadores que se inscriban nas actividades de cociña:
  • Estar en posesión de titulación oficial en hostalaría ou acreditar coñecementos suficientes que demostren de maneira fidedigna un alto grao de cualificación nas materias das cales aspiran a ser formadores.
  • Experiencia profesional: posuír experiencia na hostalaría, que probe o coñecemento da gastronomía galega.
  • Experiencia docente acreditada en organismos públicos ou privados.

Lugar de realización:

Os formadores poderán inscribirse nunha ou varias áreas xeográficas.

As áreas e países onde se realizarán os cursos, en función das convocatorias da Secretaría Xeral de Emigración, serán os seguintes:

  • España.
  • Europa: Alemaña, Bélxica, Francia, Países Baixos, Portugal, Principado de Andorra, Reino Unido e Suíza.
  • América: Arxentina, Brasil, Canadá, Chile, Costa Rica, Cuba, Ecuador, Estados Unidos, México, Panamá, Paraguai, Perú, República Dominicana, Uruguai e Venezuela. 

Prazo de inscrición: A partir da publicación das listas definitivas poderanse presentar novos méritos e novas solicitudes de inscrición dúas veces ao ano, unha antes da data do 15 de xuño, e outra antes da data do 15 de decembro. Rematado o prazo publicaranse as listas actualizadas. O estado da lista poderá ser consultado na páxina web da Secretaría Xeral de Emigración www.galiciaaberta.com.

Resolución: Resolución do 13 de maio de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establece unha convocatoria de listas de formadores colaboradores para impartir seminarios fóra de Galicia, promovidas por esta secretaría xeral.

Convocatoria: Diario Oficial de Galicia (20/05/08)

Promovido por: Secretaría Xeral de Emigración 

Contacto:

Secretaría Xeral de Emigración:
Servizo de Atención Social aos Emigrantes
Teléfonos: 981.545.880 - 981.545.547.269
Fax: 981.957.055
e-mail:accion.social.emigracion@xunta.es

Documentación:

  • Resolución del 12 de agosto de 2008. Resolución do 12 de agosto de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se modifica a do 13 de maio, polo que se establece unha convocatoria de lista de formadores colaboradores para impartir seminarios fora de Galicia, promovidas por esta secretaría xeral.
  • Resolución do 10 de decembro de 2008. Resolución do 10 de decembro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se modifica a Resolución do 13 de maio de 2008 pola que que se establece unha convocatoria de listas de formadores colaboradores para impartir seminarios fóra de Galicia, promovidos por esta secretaría xeral.

Data de publicación: 01 de Marzo de 2009

Listados: Consultar a lista de admitidos