Programa de axudas para a participación no Programa “Conecta con Galicia”, Actividades de Aire Libre no ano 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
1378 lecturas
Información do programa “Conecta con Galicia”, actividades de aire libre dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior e formularios para a inscrición.
Resolución da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Conecta con Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
21.04.2023
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto e finalidade das axudas:

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas correspondentes ao programa Conecta con Galicia para o ano 2023. Este programa ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

Persoas participantes:

  1. Poderán optar a este programa os mozos e mozas que cumpran os seguintes requisitos:
  • a) Ter a súa residencia habitual no exterior.
  • b) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega.
  • c) Ter a nacionalidade española.
  • d) Atoparse vinculadas con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE).
  • e) As persoas participantes nas actividades deberán ter, o 30 de xuño de 2023, unha idade comprendida entre os 16 e os 17 anos.
  • f) Non ter participado en edicións anteriores deste programa.
  • g) Padecer de discapacidades que lles impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.
  • h) Condicións económicas (consultar a documentación).

Persoas beneficiarias:

Mozos residentes no estranxeiro, con idades comprendidas entre os 16 e 17 anos, en dúas quendas de 14 días de duración cada unha, durante o verán:

  • 1ª. Entre o 15-28 de xullo.
  • 2ª. Entre o 29 de xullo e o 11 de agosto.

Aloxaranse no albergue xuvenil Gandario en Bergondo (A Coruña) dependente da Dirección Xeral de Mocidade, Participación e Voluntariado da Conselleria de Política Social e Xuventude, para a realización dun programa dividido en dous partes:

  • 1. “O mar en Galicia”. Actividades recreativas e deportivas relacionadas co mar, a náutica e coñecemento do medio ambiente mariño, xunto con mozos residentes en Galicia.
  • 2. “Cultura e camiño”. Actividades orientadas a coñecer o patrimonio histórico e cultural da contorna, percorrerán algunha etapa do Camiño de Santiago e visitasen empresas punteiras de Galicia.

Lugar de presentación das solicitudes:

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado, anexo II, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365), ou a través das seguintes entidades colaboradoras, que poderán presentalas por esa vía no seu nome, mediante a oportuna autorización:

  • No Brasil: 
    -Peña Gallega da Casa de España de Río de Janeiro.
    -Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução, en São Paulo.
    -Sociedad de Socorros Mútuos e Beneficente Rosalía de Castro, en Santos.
  • En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.
  • Na Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
  • No Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.

Prazo de presentación de solicitudes e documentación a presentar:

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 21/04/23 ata o 05/06/2023.

 

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede electrónica

 

Documentación que se xunta:

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
05.06.2023