Axudas de emerxencia social. Ano 2023

Listen to this page using ReadSpeaker
1391 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 23 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se convocan axudas de emerxencia social para o ano 2023.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
17.04.2023
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto e finalidade das axudas:
Esta resolución ten por obxecto convocar as axudas de emerxencia social para o ano 2023, cuxas bases reguladoras foron publicadas no DOG núm. 58, do 26 de marzo de 2021. Estas axudas están dirixidas a persoas emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega residentes no estranxeiro, que carezan dos recursos económicos necesarios para atender situacións sobrevidas de carácter extraordinario de emerxencia social, sanitaria ou asistencial, que precisen dunha actuación urxente para evitar ou paliar situacións de necesidade, exclusión social, por enfermidade ou pasamento pola COVID-19, así como as que teñan por obxecto sufragar os custos das viaxes que teñan que realizar, por razóns destas características.

Persoas beneficiarias:

  1. As persoas emigrantes galegas e os/as seus/súas fillos/as, que posúan a condición de persoas galegas residentes no exterior.
  2. Excepcionalmente, no caso de que as persoas ás que se refire o punto 1 teñan que que realizar unha viaxe por razóns humanitarias e, non poidan valerse por si mesmas, tamén poderá ser beneficiaria unha persoa acompañante.

Requisitos das persoas beneficiarias:

a) Ter rendas ou ingresos insuficientes.
b) Ter patrimonio insuficiente
c) Acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevidas nun tempo próximo ao da solicitude, como máximo nos últimos doce meses que, pola súa gravidade, requiran unha actuación urxente ou acrediten a necesidade de realizar a viaxe a España para unha prestación médica determinada. Contémplanse, en concreto, as seguintes situacións:

  • Marxinación social e outras que impidan á persoa valerse por si mesma
  • Perda, inadecuación ou deterioro da vivenda habitual
  • Problemas perentorios referidos á alimentación, vestido, educación e outros de natureza análoga
  • Problemas sanitarios graves.

Prazo de presentación de solicitudes e documentación a presentar:
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 18/04/23 ata o 15/11/2023.

Os modelos normalizados de solicitude poderán obterse nas páxinas web: https://sede.xunta.gal e http://emigracion.xunta.gal.

Lugar de presentación da documentación:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), por calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365), ou a través das seguintes entidades colaboradoras, que poderán presentalas por esa vía no seu nome, mediante a oportuna autorización:

  • Na Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
  • No Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo.
  • No Brasil: 
    -Peña Gallega da Casa de España de Río de Janeiro.
    -Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mútuos e Instrução, en São Paulo.
    -Sociedad de Socorros Mútuos e Beneficente Rosalía de Castro, en Santos.
    -Asociación Cultural Caballeros de Santiago, en Salvador de Baía.
  • En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas na Habana
  • En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente na Secretaría Xeral da Emigración (Rúa Basquiños, 2- 15704 Santiago de Compostela) ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES:  picar aquí para acceder á Sede electrónica


As bases que regulan esta orde de convocatoria foron publicadas mediante a Resolución do 2 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de emerxencia social (DOG núm. 58, do 26 de marzo): picar aquí para acceder.

Texto íntegro da convocatoria no D.O.G.: (picar aquí para descargar)

Extracto da convocatoria no D.O.G. : (picar aquí para descargar)

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
15.11.2023