A experiencia dun universitario retornado de Cuba permite recordar que segue aberta a nova convocatoria de bolsas BEME para facer un máster en Galicia

O prazo de solicitude das BEME para o curso 2023-2024 estará aberto ata o 28 de abril
O prazo de solicitude das BEME para o curso 2023-2024 estará aberto ata o 28 de abril
Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración recorda ás mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria que continúa aberta a nova convocatoria de Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para cursar un máster o próximo curso nas universidades galegas.

Héctor Ulises Díaz Hernández, universitario galego de Cuba, retornou a Galicia grazas a unha bolsa BEME. Este mozo retornado aproveita o seu regreso para realizar voluntariado e buscar emprego na nosa comunidade autónoma. O prazo de solicitude das BEME permanecerá aberto ata o próximo 28 de abril.  

206 lecturas