Miranda agradece á Escola de Danza, Arte e Cultura Galega e Española de Salvador de Baía o seu labor na proxección de Galicia no Brasil

Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á EDACE
Imaxe da visita do secretario xeral da Emigración á EDACE
Listen to this page using ReadSpeaker
Salvador de Baía (Brasil) , 29 de marzo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Escola de Danza, Arte e Cultura Galega e Española de Salvador de Baía,  a quen agradeceu o labor de proxección de Galicia no Brasil, animándoa a seguir a traballar nesta mesma liña para dar a coñecer os sons, os bailes e a música da nosa comunidade autónoma.

EDACE é unha escola que conta, na actualidade, con máis de cen alumnas e alumnos de música tradicional, moitas e moitos deles, descendentes de galegas e galegos residentes no estado de Baía. Na actualidade residen no Brasil 50.333 cidadás e cidadáns galegos, sendo o segundo país do mundo en canto a número de colectividade galega. 

347 lecturas