Emigración anuncia a recuperación do programa Escolas Abertas, que se desenvolverá o próximo mes de xullo

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que a convocatoria abrirase nas próximas semanas.

Este programa ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega.  

As Escolas Abertas desenvolveranse en Galicia do 6 ao 16 do vindeiro mes de xullo
As Escolas Abertas desenvolveranse en Galicia do 6 ao 16 do vindeiro mes de xullo
Anuncio das Escolas Abertas 2023
Listen to this page using ReadSpeaker
Cidade de México, 14 de marzo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, anunciou, durante un encontro cos membros do Centro Gallego de México, a recuperación, trala suspensión durante a época da pandemia, do programa Escolas Abertas, que se desenvolverá do 6 ao 16 de xullo. 

Este programa, dirixido ás entidades galegas do exterior, permitirá dar formación especializada ás persoas, de entre 18 e 65 anos, responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega.

“Os centros interesados deben estar atentos para solicitar este programa xa que a súa convocatoria abrirase nas próximas semanas. Deste xeito, poderán planificar a súa participación”, explicou Miranda.

A Secretaría Xeral da Emigración farase cargo da organización destes cursos e do custo da estadía, así coma das viaxes de ida e volta das persoas participantes. 

759 lecturas