Emigración rende homenaxe á Agrupación Rosalía de Castro de Madrid polo seu centenario

  • Imaxe da celebración do Centenario da Agrupación Artística Galega Rosalía de Castro de Madrid
    Imaxe da celebración do Centenario da Agrupación Artística Galega Rosalía de Castro de Madrid

Centenario da Agrupación Artística Galega Rosalía de Castro de Madrid
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 12 de marzo de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu aos actos polo centenario da Agrupación Rosalía de Castro de Madrid, vinculada ao Centro Gallego de Madrid, no que destacou a importancia que, durante todos estes anos, tivo na capital de España esta asociación para a promoción da cultura galega. 

Ao longo do acto, no que tamén interveu a presidenta da agrupación, María Jovita Fernández Rodríguez, desenvolvéronse diversas actuacións, tanto galegas como asturianas e castelán-manchegas, xa que asistiron como invitados o Centro Asturiano e a Casa de Castilla-La Mancha  en Madrid.  Miranda trasladoulles o orgullo da Xunta de Galicia polo labor desta agrupación ao longo destes 100 anos, “converténdose nun referente da cultura galega en Madrid pero tamén nunha asociación esencial da vida da capital do Estado”.

387 lecturas