A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, recibe á Fundación Celta de Vigo

  • Imaxe da reunión celebrada na capital uruguaia
    Imaxe da reunión celebrada na capital uruguaia
  • Imaxe da reunión celebrada na capital uruguaia
    Imaxe da reunión celebrada na capital uruguaia
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 7 de marzo de 2023.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, recibiu recentemente aos representantes da Fundación Celta de Vigo cos que analizou posibles accións conxuntas futuras coa colectividade galega asentada no país do Cono Sur.

No encontro estiveron presentes o director da Fundación, German Arteta, o representante desta asociación no Uruguai, Guillermo Cabana, o presidente de AEGU, Estevan Regueira, o seu secretario, Diego Antelo, así como o director do Colexio Cervantes, Carlos Cambón, e Maximiliano Cristiani. 

410 lecturas