Emigración recorda que continúan abertas as bolsas para que os galegos e galegas do exterior poidan estudar un máster nunha universidade galega e aposten por Galicia como o seu futuro

O prazo de solicitude das BEME para o curso 2023-2024 estará aberto ata o 28 de abril
O prazo de solicitude das BEME para o curso 2023-2024 estará aberto ata o 28 de abril
ESTEFANÍA RAMA - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2023.

A Secretaría Xeral da Emigración acaba de abrir a nova convocatoria de Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para que as galegas e galegos universitarios residentes no exterior ou as e os descendentes de galegos e galegas poidan cursar un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 2022/23.

Estefanía Rama, natural da Laracha, cóntanos a súa experiencia como bolseira BEME e como esta oportunidade permitiulle optar a un emprego en Galicia tras varios anos de estancia en Suíza. En total, son 250 as bolsas BEME convocadas este ano. Toda a información pode consultarse nesta ligazón.

198 lecturas