A Xunta traballa na posta en marcha de programas para a capacitación e incorporación de traballadoras e traballadores retornados a sectores de alta demanda laboral

Imaxe da reunión celebrada hoxe na capital de Galicia
Imaxe da reunión celebrada hoxe na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, co obxectivo de poñer en marcha programas que faciliten a incorporación de traballadores retornados a sectores de alta demanda laboral favorecendo a súa capacitación.  

No encontro tamén estivo presente a subdirectora xeral do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración, Begoña Solís, e a subdirectora xeral de Cualificacións e Capacidades para o Emprego, Carmen Orgeira. Estes programas terán como finalidade lograr mellorar a cualificación dos galegos e galegas do exterior que opten por elixir Galicia como destino e facilitar a súa empregabilidade. 

530 lecturas