O INE confirma que Galicia gaña poboación no primeiro semestre de 2022, grazas ao saldo migratorio positivo en 12.768 persoas

O Instituto Nacional de Estatística acaba de publicar os datos provisionais relativos ao primeiro semestre de 2022, que indican que o saldo migratorio foi positivo co exterior en 12.106 persoas e tamén positivo en 622 co resto de CC.AA. 

Durante estes primeiros 6 meses, o saldo migratorio positivo conseguiu reverter o saldo vexetativo negativo, gañando poboación en 1.995 persoas.

O INE vén de publicar a 'Estatística de Migracións' provisional do primeiro semestre de 2022
O INE vén de publicar a 'Estatística de Migracións' provisional do primeiro semestre de 2022
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2022.

A poboación residente en Galicia a 1 de xullo de 2022 situouse en 2.691.456 habitantes, cun saldo migratorio exterior positivo de 12.106 persoas e de 622 polas procedentes de outras comunidades autónomas, segundo recolle a Estatística de Migracións que acaba de publicar de xeito provisional o Instituto Nacional de Estatística.

Durante estes primeiros 6 meses, o saldo migratorio positivo conseguiu reverter o saldo vexetativo negativo, gañando poboación en 1.995 persoas.

Deste xeito, segundo publica o INE, continúa producíndose, ao igual que en anos anteriores, un aumento de persoas que chegan a Galicia, xa que nos seis primeiros meses do 2022 entraron na nosa comunidade autónoma practicamente o mesmo número de persoas que en todo o 2021, un dato que vén destacar que o 2022 será un ano cun importante aumento do número de ingresos.

O avance da Estatística de Migracións do ano 2022 revela que Galicia, ao rexistrar un saldo migratorio positivo co exterior de 12.106 persoas, sitúase como a sexta Comunidade Autónoma con maior pulo de atracción. En relación ao movemento entre comunidades autónomas, atópase no quinto posto en atracción de poboación, cun saldo positivo de 622 persoas.  

294 lecturas