Miranda recolle o interese da Fundación Araguaney por colaborar coa colectividade galega no exterior na difusión da cultura galega

Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE en Santiago de Compostela
Imaxe da reunión celebrada na sede da SXE en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión co director da Fundación Araguaney, Fernando González Méndez, quen lle trasladou o interese desta entidade por colaborar coa colectividade galega no exterior na difusión da cultura galega. 

Durante a reunión, Miranda e González Méndez analizaron as posibles vías de traballo conxunto neste senso e destacaron a importancia de impulsar a colaboración coas entidades galegas do exterior de cara a manter as tradicións, a lingua e a cultura galegas entre a colectividade que reside nos diferentes países do mundo, e proxectala ao ámbito das sociedades que as acollen.

224 lecturas