Miranda destaca, na entrega dos Pratos de Ouro de Radio Turismo, o labor de prescritores internacionais dos galegos e galegas e das entidades do exterior na difusión da gastronomía e dos produtos de Galicia

  • Imaxe do acto de entrega dos Pratos de Ouro
    Imaxe do acto de entrega dos Pratos de Ouro

Listen to this page using ReadSpeaker
Ourense, 10 de novembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde na entrega dos Pratos de Ouro que Radio Turismo organizou en Xantar, no 23º Salón internacional de Turismo Gastronómico,  destacando o labor de prescritores internacionais dos galegos e galegas e das entidades do exterior na difusión da gastronomía e os produtos de Galicia. 

O secretario xeral tamén fixo un recoñecemento ás e aos profesionais da hostalería, a restauración e o turismo, destacando o valor engadido que teñen os produtos galegos e a nosa cociña, “que se coñecen nos cinco continentes”.

Finalmente, Antonio Rodríguez Miranda recordou que os galegos e galegas do exterior “non só botan de menos a terra senón tamén os sabores e os produtos que se cociñan nela, e poder dalos a coñecer nos seus lugares de residencia é un xeito de por en valor a Galicia, converténdose tanto eles como as propias entidades galegas en prescritores internacionais da nosa cultura gastronómica”.  Animou ao sector agroalimentario e turístico a seguir a traballar por poñer a Galicia en boca de todas e todos os amantes do bo xantar ao longo de todo o mundo.

273 lecturas