Miranda asiste á inauguración na Casa de Galicia en Madrid da exposición ‘Morriña de Estrelas’, de Lola Doporto

  • Imaxe da inauguración desta tarde na Casa de Galicia en Madrid
    Imaxe da inauguración desta tarde na Casa de Galicia en Madrid

Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 3 de novembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á inauguración da exposición Morriña de Estrelas, da pintora de Valdeorras Lola Doporto, na Casa de Galicia en Madrid. A mostra, que se poderá contemplar ata o próximo 30 de novembro, está composta por diversos lenzos nos que se representan figuras e composicións inspiradas no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela. Rodríguez Miranda e Lola Doporto foron recibidos nesta inaguración polo director da Casa de Galicia, Juan Carlos Serrano.

Tal e como asegurou Rodríguez Miranda, esta mostra enche “de plasticidade expresiva e cor” un espazo expositivo de primeira orde como é a Casa de Galicia en Madrid. Felicitou á artista pola súa achega á imaxinería propia do mestre Mateo e animou a tódolos veciños e veciñas da capital de España a visitar unha exposición inspirada no “campo de estrelas” que é Compostela e no propio Camiño de Santiago.

221 lecturas