Miranda visita Brasil para coñecer a situación actual da colectividade galega trala pandemia

O secretario xeral manterá unha reunión de traballo coas entidades galegas no país, aproveitando tamén para achegarse a varias entidades que dan apoio aos galegos e galegas con maiores necesidades socioeconómicas. 

Foto de arquivo dunha visita do secretario xeral da Emigración ao Brasil
Foto de arquivo dunha visita do secretario xeral da Emigración ao Brasil
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2022.

O secretario xeral da Emigración retoma o contacto presencial coa colectividade galega do Brasil esta fin de semana, achegándose ata Río de Xaneiro e São Paulo co obxectivo de coñecer a súa situación actual e as súas necesidades trala pandemia dos últimos dous anos. 

Durante esta viaxe, o secretario xeral participará mañá sábado nunha xuntanza de entidades galegas na Casa de España de Río de Xaneiro.

Rodríguez Miranda tamén manterá unha reunión de traballo coas diversas entidades galegas de Brasil, e visitará as instalacións de varias asociacións galegas socioasistenciais que traballan apoiando ás galegas e galegos máis necesitados desta área do país.

274 lecturas