Emigración recolle nun vídeo a xornada de benvida aos 250 beneficiarios e beneficiarias das bolsas BEME do curso 2022/23

Este encontro coas e cos novos bolseiros BEME celebrouse en Boqueixón
Este encontro coas e cos novos bolseiros BEME celebrouse en Boqueixón
Xornada de benvida BEME 2022-2023
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2022.

A Secretaría Xeral da Emigración recolle nun vídeo a xornada de benvida celebrada a pasada fin de semana en Boqueixón aos novos bolseiros e bolseiras Excelencia Mocidade Exterior (BEME) do presente curso. Durante este encontro desenvolvéronse actividades formativas, lúdicas e de lecer.

A iniciativa, organizada pola Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia (Ajerga) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, quen recordou que “Galicia é unha terra de oportunidades e un dos mellores lugares para vivir. Estaremos encantados e orgullosos se ao rematar a formación quedásedes aquí”.

262 lecturas