A Delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asiste ao almorzo de consulta do Ministro de Medio Ambiente na Cámara Española de Comercio
A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao almorzo de consulta “Uruguai país sostible”, que ofreceu o ministro de Medio Ambiente do país do Cono Sur, Adrián Peña, invitado pola Cámara Española de Comercio, Industria y Navegación de Uruguay (Camacoes).
No acto, Elvira Domínguez estivo acompañada polo director de Uruguay XXI, Sebastian Risso, a xerente da Cámara Española de Comercio, Carmen Miranda, a vicepresidenta de Uruguay XXI, Ines Bonicelli, e a representante Residente del Banco Mundial, Celia Ortega. O ministro de Medio Ambiente destacou a posibilidade de que Uruguai poida converterse nun interlocutor válido ante a Unión Europea e o Mercasur, dada a afinidade histórica con España. “A ventaxa cultural é moi importante”, asegurou, “pode ser unha oportunidade histórica”.
Novas relacionadas