A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á inauguración do pavillón de España na Exposición Prado 22

  • Imaxe do evento celebrado en Montevideo
    Imaxe do evento celebrado en Montevideo
  • Imaxe do evento celebrado en Montevideo
    Imaxe do evento celebrado en Montevideo
Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 17 de setembro de 2022.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu á inauguración do pavillón de España na 117ª edición da Exposición Prado 22, xunto á cónsul xeral de España, María Victoria Scola, o ministro de Trabajo de Uruguai, Pablo Mieres, e varias e varios membros da colectividade galega.   

Tamén estiveron presentes a encargada de negocios da embaixada de España, Silvia Cossano, e o presidente da Cámara Española oficial de Comercio, Industria e Navegación do Uruguai, Andrés Burghi. O pavillón ten como obxectivo dar a coñecer e difundir os produtos españois en Montevideo, e é a Cámara Española de Comercio a encargada da súa organización dende fai 40 anos. 

307 lecturas