Emigración recorda que continúa aberta a liña de Axudas ao Retorno Emprendedor para a posta en marcha de novas iniciativas empresariais

O prazo de solicitude das Axudas ao Retorno Emprendedor está aberto ata o 30 de setembro
O prazo de solicitude das Axudas ao Retorno Emprendedor está aberto ata o 30 de setembro
Goretti Bello Seráns
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recorda que a finais deste mes remata o prazo de presentación de solicitudes para a liña de axudas ao emprendemento das e dos retornados que permite aos galegos e galegas que, coma Goretti Bello Seráns, regresaron á súa terra de orixe para poñer en marcha unha iniciativa empresarial, e así sufragar os gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento do seu negocio con ata 10.000 euros de subvención.

No seguinte vídeo, esta retornada de Australia, que reside actualmente en Ribeira (A Coruña) conta a súa experiencia no retorno coa posta en marcha en Galicia dunha empresa de deseño e creación de vidrieiras. As e os interesados poden consultar estas axudas tamén nas Oficinas de información ao retorno da Secretaría Xeral da Emigración situadas en Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo (iniciativa apoiada pola Unión Europea) ou nesta ligazón.

231 lecturas