O Lar Galego de Pamplona será o anfitrión da celebración das Casas Rexionais de Navarra no 2022

Antonio Rodríguez Miranda e María Jesús Rodríguez, durante a reunión
Antonio Rodríguez Miranda e María Jesús Rodríguez, durante a reunión
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2022.

A presidenta do Lar Galego de Pamplona, María Jesús Rodríguez García, trasladoulle hoxe ao secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, a nova de que será este centro galego o anfitrión este ano da celebración das Casas Rexionais de Navarra.

Ambos reuníronse na sede da Secretaría Xeral da Emigración para comentar as actividades levadas a cabo pola entidade cultural galega en Navarra, destacando as iniciativas de divulgación deste Ano Santo Xacobeo realizadas por esta entidade durante a primeira parte do ano.

535 lecturas